Tamara Karsavina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTamara Karsavina

Karsavina ca. 1912.
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1885
San Petersburgo Imperio Ruso Imperio Ruso
Morte26 de maio de 1978
Beaconsfield Inglaterra Inglaterra
Lugar de sepulturaCemitério de Hampstead (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusa
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónVaganova Academy of Russian Ballet (en) Traducir (–1902 (Xuliano)) Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónBailarina
LinguaLingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVasili Vasilievich Mukhin (1907-1918)
Henry James Bruce (1918)
FillosNikita Bruce (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiPlaton Karsavin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0440139 Musicbrainz: 6389f903-5537-4a3a-acbd-86e32f73201b Find a Grave: 8206567 Editar o valor em Wikidata

Tamara Platonovna Karsavina (en ruso: Тамара Платоновна Карсавина), nada o 10 de marzo de 1885 en San Petersburgo (actualmente en Rusia e daquela no Imperio Ruso) e finada o 26 de maio de 1978 en Beaconsfield (Inglaterra), foi unha bailarina rusa. Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e familia[editar | editar a fonte]

Karsavina naceu en San Petersburgo (Rusia) o 10 de marzo de 1885, filla de Platon Konstantinovich Karsavin.[1][2] Bailarín principal e mimo do Ballet Imperial, Platon foi tamén empregado como instrutor na Escola Imperial de Ballet e contou entre os seus alumnos á futura parella de baile e parella de Karsavina, Michel Fokine.[3][4]

Foi a irmá do filósofo relixioso e historiador medieval Lev Karsavin.[5] A súa sobriña, Marianna Karsavina, casou co autor e mecenas Pyotr Suvchinsky.[6] A través da súa nai, Karsavina estaba directamente emparentada co poeta relixioso e cofundador do movemento eslavófilo, Aleksey Khomyakov.[7]

O pai de Karsavin fora o alumno favorito de Marius Petipa, mais a súa relación empeorou nos últimos anos.[4] Karsavina sospeitaba que Petipa estaba detrás dunha "intriga política" que provocou a xubilación anticipada forzosa de seu pai.[4] Aínda que Platon seguiu a ensinar na Escola Imperial de Ballet, e tamén conservou algúns alumnos particulares, el estaba desilusionado pola experiencia.[4]

Posteriormente Karsavina escribiu:

Creo que o golpe ao seu orgullo significou máis que as consideracións financeiras a alas. Despois de todo, nos sempre vivimos de man para a boca, nunca mirando ao futuro, gastando máis cando había algo para gastar, encaixar de algún xeito cando non o había. Papá tiña razón en esperar manterse para o segundo servizo, como outros artistas da súa posición. El estivo enfermo do corazón ao partir do escenario.[4]

Educación[editar | editar a fonte]

Tamara Platonovna Karsavina, San Petersburgo ca. 1915.

Debido ás súas propias experiencias amargas, Platon inicialmente rexeitou permitir a Karsavina que estudara ballet, mais súa nai intercedeu.[4]

O soño de miña nai era facer de min unha bailarina, escribiu máis tarde Karsavina. "É unha fermosa carreira para unha muller," dicía, "e eu creo que o neno tivera unha predilección para a escena; ela é afeccionada a disfrazarse, e sempre ante o espello".[4]

Sen pedir permiso a Platon, a nai de Karsavina organizou para que puidera comezar a recibir clases dun amigo da familia, o bailarín retirado Vera Joukova.[4]

Cando Platon descubriu meses máis tarde que a súa filla comezara a recibir clases de baile, tomou a nova con calma, converténdose no seu principal instrutor.[4] Lonxe de recibir un trato preferente, Karsavina referiuse a seu pai como o seu "mestre máis exixente... coa música do seu violín exerciteime ao máximo."[4]

En 1894, logo dun rigoroso exame, Karsavina foi aceptada na Escola Imperial de Ballet.[4] A instancias de súa nai decidiu graduarse antes do previsto a principios de 1902.[4] Era inaudito para a época que as mulleres comezaran a bailar profesionalmente antes dos 18 anos de idade, mais seu pai perdera o seu traballo de profesor na escola en 1896, deixando á súa familia nunha situación económica desesperada.[4] Eles precisaban desesperadamente os pequenos ingresos que Karsavina recibía como bailarina no corps de ballet.[4]

Logo de graduarse na Escola Imperial de Ballet, Karsavina experimentou un meteórico ascenso, converténdose nunha bailarina principal do Ballet Imperial, bailando todo o repertorio de Marius Petipa.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Os seus papeis máis famosos foron o de Lise en La Fille Mal Gardée, Medora en Le Corsaire, e a filla do tsar en Konyok Gorbunok ili Tsar-Devitsa. Foi a primeira bailarina en bailar o chamado Le Corsaire Pas de Deux en 1915.

O coreógrafo George Balanchine dixo que tiña bos recordos de vela cando era unha estudante na Escola Imperial de Ballet. Foi durante os últimos anos da década de 1910 cando ela comezou a viaxar regularmente e París para bailar cos Ballets Russes de Sergei Diagilev. Durante os seus anos coa compañía foi cando creous os seus papeis máis importantes nos ballets de Mikhail Fokine, incluídos Petrushka, e Le Spectre de la Rose. Quizais foi máis famosa por encarnar o papel principal da coreografía de Fokine para L'oiseau de feu (un papel ofrecido orixinalmente a Anna Pavlova, que non puido chegar a un acordo coa partitura de Stravinsky) con Vatslav Nizhinskii, a súa parella ocasional.

Despois de casar co diplomático británico Henry James Bruce en 1918, Karsavina instalouse en Londres, aínda que continuou a súa colaboración con Diagilev. Na capital británica participou na creación da Royal Academy of Dance en 1920,[8] así como na creación do Royal Ballet en 1931 como asesora.

Tamara Kasarvina, ca 1920.

Karsavina deixou Rusia en 1919 despois da revolución, e posteriormente continuou a súa relación cos Ballets Russes como bailarina principal. (Seu irmán Lev Platonovich Karsavin trasladouse á recentemente independizada Lituania, onde lle foi concedida unha cátedra universitaria en historia cultural; cando os soviets ocuparon Lituana en 1940 foi arrestado e morreu nun gulag).

Nas súas memorias, Rúa Teatro, fala da súa formación na Escola Imperial de Ballet, e a súa carreira no Teatro Mariinsky e nos Ballets Russes. No mundo ultracompetitivo do ballet, ela foi case universalmente amada, on obstante Karsavina mantivo unha rivalidade con Anna Pavlova.

Despois da morte de Diagilev, Karsávina bailou co Ballet Rambert. Finalmente, ao poñer fin á súa carreira en 1931, adicouse ao ensino da danza ata 1955.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En gran medida infrautilizados pola xestión do Royal Ballet, ela ocasionalmente axudou no rexurdimento dos ballets que bailara, especialmente Spectre de la Rose, no que ela preparou a Margot Fonteyn e Rudolf Nureyev. En 1959 aconsellor a Frederick Ashton no seu importante renacemento de La Fille Mal Gardée para o Royal Ballet, no que ela lle ensinou as pantomimas orixinais para a exitosa escena Cando estou casada, así como a súa coreografía para Pas de Ruban - dúas pasaxes que aínda se conservan na produción de Ashton.

Tamara Karsavina morreu en Beaconsfield, cerca de Londres, o 26 de maio de 1978 aos 93 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1904, guiada por súa nai, Anna Iosifovna, Karsavina rexeitou unha proposta de matrimonio de Mikhail Fokine, que levou a un malestar latente entre os dous e que tinguiu a súa futura relación. Posteriormente Karsavina declarou que Fokine raras veces falaba con ela fora do estudio de ballet.[9]

En 1907, novamente guiada por súa nai, casou co funcionario Vasili Vasilievich Mukhin (1880 - despois de 1941), na capela da Escola de Ballet. Mukhin viaxou ocasionalmente con ela nas xiras de Diagilev.[10]

En xuño de 1918, un ano despois do seu divorcio de Vasili Mukhin, Karsavina casou co diplomático británico Henry James Bruce (1880-1951), o pai do seu fillo Nikita (1916-2002).[11]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Horowitz, Dawn Lille. Michel Fokine New York: Twayne Publishers, 1985: p. 4
  2. Eliot, Karen. Dancing Lives: Five Female Dancers from the Ballet d'Action to Merce Cunningham Urbana, IL: University of Illinois Press, 2007
  3. Horowitz, 1985
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Eliot, 2007
  5. Taruskin, Richard. Stravinsky and the Russian traditions, Vol II University of California Press: Los Angeles, 1996
  6. Taruskin, 1996
  7. Chamberlain, Lesley. Lenin's Private War: The Voyage of the Philosophy Steamer and the Exile of the Intelligentsia New York: Atlantic Books, 2006
  8. Historia da RAD (en castelán)
  9. Foster, Andrew R. (2010). Tamara Karsavina, Diaghilev's Ballerina. Londres. p. 28. ISBN 978-0-9565643-0-6. 
  10. Foster, 2010 page 41
  11. Foster, 2010 page 233

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Tamara Karsavina. "A Recollection of Strawinsky", en Tempo (New Series) Nº 8 (número sobre Stravinsky). Verán de 1948. Páxinas 7 a 9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]