Saltar ao contido

Divertimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O divertimento no século XVIII estaba composto para pequenas agrupacións.
Divertissement segue usándose en ballet-
Wolfgang Amadeus Mozart (en 1780).

O divertimento é unha forma musical que foi moi popular durante o século XVIII, composta para un reducido número de instrumentos. Os divertimentos adoitaban amosar un estilo desenfadado e alegre (en italiano, divertimento significa ‘diversión’). En francés chamábase divertissement, e o seu plural en italiano era divertimenti.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha composición musical de forma similar á suite, e do mesmo xeito que esta, estaba formada por movementos de danza, aínda que máis curtos e simples, e máis libres no seu conxunto. Coincide coa serenata, nocturno, ou casación, dándolles en ocasións indistintamente un nome ou outro. O número de movementos que contén é variable, non está especificado, entre 5 e 9, aínda que hai exemplos de até 13 movementos. Ao coincidir a súa aparición co declive da suite, tomou moitos aspectos dela. Estaba composta para un número reducido de instrumentos, en ocasións só instrumentos de vento, e tamén para tríos, cuartetos ou quintetos. Hai casos de divertimentos dedicados a instrumentos solistas ou a orquestras de cámara.

Ás veces tamén se compuxeron para música vogal con acompañamento (como os divertimentos de Nicolas Bernier, 1718-1723), ou especificamente para instrumento de tecla, que con frecuencia se designaron co nome de Partitas. Moitos historiadores da música consideran que Haydn usou o divertimento como figura de transición para a fixación do cuarteto de corda na súa forma clásica e para a sonata.

Composicións

[editar | editar a fonte]

Luigi Boccherini foi un dos primeiros compositores desta forma musical (Divertimenti para frauta e cordas, KV. 461, 464-466 e 3 divertimenti para 2 violíns, frauta, viola, dous violoncellos e contrabaixo, Op. 16), pero foron Haydn e Mozart quen máis utilizaron este tipo de composición.

Haydn compuxo decenas de divertimentos. Entre eles:

Exemplos de divertimentos de Mozart:

  • Divertimentos KV 136, 137 e 138
  • Cinco divertiments KV 439b para tres corni dei bassetto
  • Divertimento para orquestra de corda en fa maior
  • Divertimento para violín, viola e violoncello en mi bemol maior, K 563
  • Divertimento n.º 1 en fa maior KV 213
  • Divertimento n.º 2 en si maior KV 240
  • Divertimento n.º 3 en mi bemol maior KV 252
  • Divertimento n.º 4 en fa maior KV 253
  • Divertimento n.º 5 en si maior KV 270 para dous óboes, dous fagots, e dous cornos.

Outros compositores importantes desta época, foron Leopold Mozart (Divertimento n.º 1 para dous violíns e violoncello) e Karl Stamitz (Divertimentos n.º 1, n.º 2, n.º 3 e n.º 4, Op. 21).

Durante o século XIX, esta forma decaeu con gran rapidez, aínda que as reminiscencias do divertimento permaneceron, timidamente, entre algúns compositores da primeira época romántica, como Beethoven e Schubert, pero foron feitos illados e a realidade é que practicamente desapareceu.

No século XX, algúns compositores titularon as súas obras co rótulo de divertimento, aínda que con diferenzas á forma empregada durante o século XVIII, por exemplo:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Diccionario de la música clásica (vol. 1). Barcelona: Plaza y Janés, 1991. ISBN 84-01-61536-4.
  • Honegger, Marc: Diccionario biográfico de los grandes compositores de la música. Madrid: Espasa-Calpe, 1994. ISBN 84-239-5389-0.