Michel Fokine
| Nome orixinal | Михаи́л Миха́йлович Фо́кин Mikhail Mikhailovich Fokin |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 23 de abril de 1880 San Petersburgo |
| Morte | 22 de agosto de 1942 (62 anos) Nova York |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Ferncliff |
| País de nacionalidade | Rusa, naturalizado estadounidense |
| Relixión | Igrexa ortodoxa |
| Educación | Vaganova Academy of Russian Ballet (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | Bailarín e coreógrafo |
| Profesores | Platon Karsavin (en) |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Vera Fokina |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фокин Михаил Михайлович) Obálky knih, |
Michael Fokine (ruso: Михаил Михайлович Фокин, Mikhail Mikhailovich Fokin), nado o 11 de abrilxul./ 23 de abril de 1880greg. en San Petersburgo (Imperio Ruso) e finado en Nova York (Estados Unidos) o 22 de agosto de 1942 foi un innovador coreógrafo e bailarín ruso.
Logo de ingresar con nove anos na prestixiosa escola do Ballet Imperial Ruso, e logo de graduarse pasou a formar parte da compañía, ascendendo rapidamente ao posto de bailarín solista grazas á súa magnífica técnica e expresividade, e un ano despois (1905) converteuse en profesor da escola. Posteriormente aceptou a oferta de Sergei Diagilev para pasar a formar parte dos Ballets Russes como coreógrafo principal, xa que para el supuña poder poñer en práctica as súas ideas, que rexeitaban a mímica convencional e integraban a danza, a música, o argumento, a escenografía e o vestiario nunha soa unidade. A relación de Fokine e os Ballets Russes deu como resultado a creación dun importante repertorio para a compañía de Diagilev.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Michel Fokine (1880 – 1942)" (en castelán). danzaballet.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michel Fokine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |