Río de Escuadro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río de Escuadro
[[Ficheiro:Fervenzaferveda.JPG|250px]]
Fervenzas do río de Escuadro
PaísGalicia Galicia
España España
NacementoSilleda
Lonxitude7,5 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Toxa

O río de Escuadro ou tamén coñecido como Rego de Escuadro é un afluente do río Toxa. Nace na fronteira entre os concellos de Forcarei (Pontevedra) e Silleda, descorre pola parroquia silledense de Escuadro entre outras. A altura da aldea de Férveda provoca a fervenza de Férveda, de gran beleza e valor paisaxístico, aínda que de difícil acceso.

Unha antiga lenda afirma que debaixo da citada fervenza hai enterrado un arado de ouro.

Ao carón da fervenza de Férveda tivo lugar por primeira vez o 3 de setembro de 2011 a Romaría da Fervenza, un encontro gastronómico e musical de grupos folk e veciños da comarca.

Ríos que percorren o concello de Silleda

Río Cervañiña | Río Deza | Río de Escuadro | Río da Gouxa | Río Toxa | Río Ulla