Río Cervañiña
Cervañiña | |
---|---|
País | ![]() ![]() |
Nacemento | Moalde, Silleda |
Desembocadura | Río Deza |
O río Cervañiña, tamén coñecido como río da Casela ou rego da Casela, é un afluente pola esquerda do río Deza, que transcorre por varias parroquias de Silleda
Percorrido[editar | editar a fonte]
Nace nos montes da parroquia de Moalde e segue o seu percorrido bañando as parroquias de Cervaña, Lamela, Piñeiro e Abades, onde une as súas augas ao Deza. Convén destacar que a carón del, en Lamela, se construíu a estación depuradora de augas residuais da Bandeira, así como os numerosos muíños que se atopan en Abades.
Denominación[editar | editar a fonte]
O nome Cervañiña procede da propia Cervaña. As outras denominacións, río ou rego da Casela, fan referencia ao lugar da Casela, en Lamela, xunto ao cal transcorre este río.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Abades acondicionará un sendeiro próximo ao río da parroquia. La Voz de Galicia (Consultado o 06/11/2013).
- Silleda acadou acordos para sumarse ó Proxecto Ríos coa organización de dúas actividades Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. El Correo Gallego (Consultado o 06/11/2013).
- A Xunta de Galicia entrega ao concello de Silleda as obras rematadas dos colectores xerais e a nova depuradora de Bandeira. Consultado o 06/11/2013.