Dieppe
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Normandía | ||||
| Departamento | Seine-Maritime | ||||
| Distrito | arrondissement of Dieppe (en) | ||||
| Cantón | canton of Dieppe-Est (en) | ||||
| Capital de | arrondissement of Dieppe (en) canton of Dieppe-Est (en) canton of Dieppe-Ouest (en) canton of Dieppe-2 (en) canton of Dieppe-1 (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 28.496 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921403 Q3550996 | ||||
| Superficie | 11,67 km² | ||||
| Altitude | 6 m-0 m-94 m-48 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Dieppe (en) | Sébastien Jumel (2008–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 76200 e 76370 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | dieppe.fr | ||||
Dieppe é un concello francés situada no departamento de Seine-Maritime da rexión de Normandía. A súa superficie é de 11.67 km2 e a poboación de 29.080 habitantes[1].
A localidade, coñecida popularmente como a "vila dos catro portos" (Transmanche, o porto do comercio, o porto da pesca e o porto do pracer) está na costa da Mancha, a 60 km ao norte de Ruán e a 170 de París, na foz do Arques no profundo val que separa a chaira de Pays de Caux do Petit-Caux.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen na zona algúns restos da época galo-romana pero a localidade data do establecemento dos viquingos no ano 910 na foz do Tella, que denominaron Djúpr (a profunda) ou Djúpá (a ribeira profunda), os pescadores ocuparon esporadicamente o lugar para pescar arenque, a primeira mención do lugar data de 1030 nunha carta que menciona un pequeno porto de pesca chamado Dieppe próximo ao castelo de Arques. Logo da conquista de Inglaterra o pequeno porto pesqueiro desenvolveu nunha importante ligazón entre Normandía e Inglaterra.
Ao longo da súa historia a localidade quedou completamente destruída dúas veces, a primeira en 1195 polas tropas de Filipe II e a segunda en agosto de 1694 por unha frota anglo-neerlandesa dirixida polo almirante Berkeley, que quería destruír as posicións dos corsarios franceses, que operaban na canle da Mancha. E así Dieppe debe a súa aparencia barroca á súa reconstrución posterior.
