Caixa Rural Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caixa Rural Galega, S.C.C.L.G
Praza Pública-jesusmendezinterior.jpg
Jesús Méndez, Director Xeral de Caixa Rural Galega, nunha entrevista en 2015.
TipoCooperativa de crédito
Fundación1966
LocalizaciónRúa Montero Ríos 24-26, Lugo
Persoas claveAntonio Rosón, José María Pardo Montero, Manuel Varela, Jesús Méndez
IndustriaBanca
ProdutosServizos financeiros e seguros
Beneficio neto3.146.000 € Crecente (crecemento) (2016)[1]
Número de empregados154 (2014)[2]
Páxina webhttp://www.caixaruralgalega.gal
editar datos en Wikidata ]

Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega é unha entidade bancaria que funciona baixo o modelo de cooperativa de crédito. O seu domicilio social está en Lugo.

Posúe 47 sucursais en Galicia; 33 na provincia de Lugo, 6 na de Ourense, 3 na da Coruña e 5 na de Pontevedra. Emprega 152 persoas a tempo completo (2018) e ten 67.000 clientes[3] e arredor de 16.000 persoas socias[1]. Desde 1987 é a patrocinadora principal do club de atletismo Lucus Caixa Rural Galega[4].

Tras a fusión de Caixanova e Caixa Galicia, que tivo como resultado a venda ao grupo bancario venezolano Banesco e posterior fusión co Banco Etcheverría (dando orixe a Abanca), e a venda do Banco Pastor ao Banco Popular (e posteriormente ao Banco Santander[5]) e do Banco Gallego ao Banc Sabadell, erixiuse como a única entidade bancaria de capital galego. Os seus valores son a ligazón a Galicia e a representación, fronte ás grandes corporacións, do modelo de caixa de aforros tradicional, de proximidade, e ética.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O seu xerme foi a Caja Central de Ahorros y Préstamos de Lugo, creada en 1966 polos Sindicatos Católicos Agrarios coa finalidade de dotar dun instrumento financeiro ao sector agrario da provincia[6]. En 1979 inaugurou os servizos centrais na rúa Montero Ríos de Lugo, onde aínda continúa a súa sede actualmente[7]. Máis tarde, nos anos 80-90 e coindicindo coa conformación e consolidación do Grupo Caja Rural, tomou o nome de 'Caixa Rural de Lugo'[8]. Xa a finais da década dos 90, a apertura dunha sucursal en Melide (A Coruña) marcou o inicio da expansión a toda Galicia, mais non foi até 2001[9] cando adoptou a marca actual. Naquel momento xa era a única Caixa Rural que continuaba activa en Galicia, por causa da compra das Caixas Rurais da Coruña, Pontevedra e Ourense por Caixa Galicia[10].

Oficina da Caixa en Cambados

Actualmente a súa estratexia de expansión pasa por abrir novas oficinas nas provincias atlánticas, onde menos presenza ten. A única grande cidade na que aínda non está presente é Ferrol. En 2016 celebrou o seu 50 aniversario usando o lema 50 anos comprometéndonos con Galicia, publicando o libro 50 anos cos pés na terra e estreando o seu primeiro vídeo promocional con testemuños dos primeiros clientes da entidade.

A súa estrutura organizativa ten como principal órgano a Asemblea Xeral, que escolle o Consello Reitor (formado pola Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e nove vogalías[11]). O cargo máis importante é o de Presidencia e dela depende a Dirección Xeral, de que dependen á súa vez os restantes órganos de decisión[12]. O seu primeiro presidente foi o avogado Antonio Rosón e estivo no cargo até 1986. Nesa altura foi substituído por José María Pardo Montero, dirixindo este a entidade durante case 30 anos até o seu falecemento en 2015. Entón foi relevado no cargo polo profesor, membro do Consello Reitor da Caixa e do Consello Galego de Cooperativas Manuel Varela López[13].

É unha das socias do Grupo Caja Rural. Esta unión permítelle ofertar todo tipo de produtos financeiros e compartir custos, xa que os investimentos en informática ou novos soportes son compartidos entre todos os membros. Os sistemas xiran arredor da empresa Rural Servicios Informáticos, cuxa marca principal é Ruralvia. Nela englóbanse os servizos de banca a distancia, ofrecendo unha versión de escritorio, aplicacións para móbiles e tabletas e servizos como o pago sen contacto a través da tecnoloxía NFC. Da xestión dos seguros comercializados polos membros ocúpase a empresa Rural Grupo Asegurador (Seguros RGA), mentres que Gescooperativo é quen xestiona os fondos de investimento. O Grupo tamén posúe a Asociación Española de Cajas Rurales, que serve como instrumento de coordinación e debate entre as Caixas asociadas.

O seu código SWIFT é BCOEESMM070[14].

Datos económicos[editar | editar a fonte]

Resultados[editar | editar a fonte]

Cifras en miles de euros Exercicio
2010 [15]
Exercicio
2011 [16]
Exercicio
2012[16]
Exercicio
2013[17]
Exercicio 2014[2] Exercicio 2015[18] Exercicio 2016[1]
Investimento crediticio
346.804
399.170
457.908
529.559
 583.646
571.467 427.832 Decrecente
Depósitos da clientela
412.332
419.750
467.469
571.035
 680.207
720.713 798.538 Crecente (crecemento)
Fondos propios
36.562
38.109
38.924
39.947
 40.038
42.898 46.203 Crecente (crecemento)
Índice de morosidade
2,21%
2,87%
6,55%
9,39%
 9,27%
9,41% 9,58% Decrecente
Solvencia (capital principal)
10,77%
10,78%
9,6%
10,66%
 11,39%
11,11% 13,34% Crecente (crecemento)
Beneficio neto
2.015
1.823
1.046
1.259
 1.850
3.119 3.146 Crecente (crecemento)

Porcentaxe de investimento[editar | editar a fonte]

2016 [1]
Pemes e autónomos
43,85%
Particulares
39,89%
Finalidade, promoción e construción inmobiliaria
11,65%
Administracións públicas
2,43%
Grandes empresas
2,18%

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Informe Anual 2016" (PDF). 
  2. 2,0 2,1 "Informe Anual 2014" (PDF). 
  3. "Entrevista con José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega | Rede EUSUMO". www.eusumo.gal. Consultado o 2018-06-04. 
  4. "HISTORIA DO CLUB". Atletismo Lucus. Consultado o 04/11/2017. 
  5. "A absorción total do Banco Pastor culmina o esfarelamento do sistema financeiro galego - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2018-11-13. 
  6. Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agosto de 2016). "Entrevista a: Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega". Cooperación Galega (129): 14. 
  7. Sermos Galiza. "Caixa Rural Galega, a última entidade de aforros cooperativa". Consultado o 04/11/2017. 
  8. Campogalego.com. "Caixa Rural Galega, 50 anos cos pés na terra". Consultado o 04/11/2017. Nos anos 90, a caixa promoveu xunto con outras entidades do resto do Estado o Grupo Caja Rural [...] Neses mesmos anos, a entidade toma o nome de Caixa Rural de Lugo 
  9. Praza Pública. "O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión". Consultado o 04/11/2017. Caixa Rural Galega. Denominación adoptada pola Caixa Rural de Lugo en 2001. 
  10. David Lombao. "Fusións bancarias en Galicia". Consultado o 04/11/2017. 
  11. "Membros do Consello Reitor" (PDF). Consultado o 23/03/2018. 
  12. "Organigrama" (PDF). Consultado o 23/03/2018. 
  13. "Manuel Varela López, nomeado presidente de Caixa Rural Galega". Consultado o 02/06/2016. 
  14. Bank Swift Codes
  15. "Caixa Rural afrontará o saneamento que impón Madrid só cos depósitos da clientela". Praza Pública. Consultado o 17/05/2016. 
  16. 16,0 16,1 "Informe Anual 2012" (PDF). 
  17. "Informe Anual 2013" (PDF). 
  18. "Informe Anual 2015" (PDF). 

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]