Thomas Müller
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 13 de setembro de 1989 Weilheim in Oberbayern | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Lugar de traballo | Múnic | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 15 de agosto de 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | 3. Fußball-Liga (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro e mediocampista ofensivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 13 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 24 de agosto de 2018 | Bundesliga de 2018–19 (pt) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Lisa Müller | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sitio web | esmuellert.de | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo. Ten sido eloxiado polo seu ritmo, técnica e compostura, amosando consistencia tanto na anotación como na creación de goles.
Produto da canteira do Bayern München, debutou co primeiro equipo da man do adestrador Louis van Gaal durante a tempada 2009-20, pasando a xogar case tódolos partidos nos que conseguiou tanto a liga como a copa de Alemaña, ademais de ser finalista da Liga de Campións. Isto valeulle a súa convocatoria coa selección alemá que participou no Mundial de Suráfrica de 2010 onde marcou cinco goles en seis partidos, acabando a súa selección no terceiro lugar. Müller foi nomeado mellor xogador novo, sendo ademais o máximo goleador do torneo polo que recibiu a Bota de Ouro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Müller incorporouse á disciplina do Bayern de Múnic no 2000 con soamente 10 anos de idade. Debutou co equipo filial en marzo de 2008 nun partido contra o SpVgg Unterhaching. Anotou no devandito encontro, e interveu en dúas ocasións máis na tempada 2007-08 antes de ser descartado por unha lesión.
A pesar de que debutou no primeiro equipo bávaro durante a tempada 2008-2009, foi na 2009-2010 cando apareceu con máis notoriedade, ocupando un posto fixo na dianteira do club muniqués grazas ás lesións dos seus compañeiros. O seu debut na Liga de Campións da UEFA tivo lugar o 10 de marzo de 2009, no partido entre o Bayern de Múnic e o Sporting de Portugal, substituíndo aos 72 minutos a Bastian Schweinsteiger. Müller anotou no minuto 90 o 7 a 1 definitivo.
Clubs
[editar | editar a fonte]| Club | País | Ano | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| FC Bayern München II | 2008-2009 | 35 | 16 | |
| FC Bayern München | Dende 2009 | 38 | 13 |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | Bundesliga | Copa | Champions League | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
| Bayern München | 2008/2009 | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | 1 | 5 | 1 |
| 2009/2010 | 34 | 13 | 5 | 4 | 11 | 2 | 50 | 19 | |
| Total | 38 | 13 | 5 | 4 | 12 | 3 | 55 | 20 | |
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Müller foi convocado por Joachim Löw para un amigable contra Chile en novembro de 2009; finalmente devandito encontro tívose que suspender polo falecemento de Robert Enke. Tras esa chamada, Müller volveu ao seleccionado sub-21 para axudarlles nas clasificatorias da Eurocopa Sub-21 de 2011. Finalmente, debutou coa selección absoluta en xaneiro de 2010, nun encontro que enfrontou á Mannschaft con Arxentina.
Foi convocado para representar ao seu país na Copa Mundial de Fútbol de 2010 de Suráfrica a pesar de xogar até ese intre só dous partidos co combinado alemán. Nos oitavos de final desa competición marcou contra Inglaterra o seu primeiro dobrete e foi elixido mellor xogador do partido. En cuartos de final contra Arxentina marcou de cabeza o primeiro gol do seu equipo, aínda que recibiu un cartón amarelo que lle impediu xogar as semifinais. Trala eliminación de Alemaña en semifinais contra España, Müller volvería xogar para a súa selección no partido polo terceiro posto marcando novamente un gol ante Uruguai. Desta maneira, Thomas Müller converteu 5 goles en 5 encontros disputados, converténdose no máximo goleador da Copa do Mundo, do mesmo xeito que o uruguaio Diego Forlán, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa. Polo seu gran rendemento na Copa Mundial de Fútbol de 2010, outorgóuselle a Bota de Ouro (xa que a igualdade de goles, defínese por cantidade de asistencias) e o premio ao Mellor xogador novo.
Participacións no Mundial
[editar | editar a fonte]| Mundial | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Copa Mundial de Fútbol de 2010 | Terceiro posto |
Goles no Mundial
[editar | editar a fonte]| # | Día | Lugar | Rival | Marcador | Resultado | Edición |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 13 de xuño de 2010 | Estadio Moses Mabhida, Durban | 3–0 | 4–0 | Suráfrica 2010 | |
| 2 | 27 de xuño de 2010 | Estadio Free State, Bloemfontein | 3–1 | 4–1 | Suráfrica 2010 | |
| 3 | 27 de xuño de 2010 | Estadio Free State, Bloemfontein | 4–1 | 4–1 | Suráfrica 2010 | |
| 4 | Estadio Green Point, Cidade do Cabo | 1–0 | 4–0 | Suráfrica 2010 | ||
| 5 | 10 de xullo de 2010 | Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth | 1–0 | 3–2 | Suráfrica 2010 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| 1. Bundesliga | FC Bayern München | Alemaña | 2010 |
| Copa de Alemaña | FC Bayern München | Alemaña | 2010 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]| Distinción | Ano |
|---|---|
| Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA | 2010 |
| Mellor xogador novo da Copa Mundial da FIFA | 2010 |
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas de Alemaña
- Xogadores do FC Bayern München
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Goleadores da Copa do Mundo
- Nados en 1989
- Nados en Baviera
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024