Mats Hummels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mats Hummels
FIFA WC-qualification 2014 - Austria vs. Germany 2012-09-11 - Mats Hummels 01.jpg
Información persoal
Nome completo Mats Julian Hummels
Nacemento 16 de decembro de 1988 (30 anos)
Lugar Bergisch Gladbach, Alemaña Fed.
Altura 1,92 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Bayern de Múnic
Número 5
Carreira xuvenil
1995–2006 Bayern München
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Bayern München II 42 (5)
2007–2009 Bayern München 1 (0)
2008–2009B. Dortmund (cesión) 25 (1)
2009–2016 Borussia Dortmund 225 (19)
2016– Bayern München 1 (0)
Selección nacional
2007 Alemaña Sub-20 1 (0)
2007–2010 Alemaña Sub-21 21 (5)
2010– Alemaña 50 (4)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 2 de xullo de 2016

Mats Julian Hummels (pronuc. alemá: [ˈmats ˈhʊməls]), nado en Bergisch Gladbach, Renania do Norte-Westfalia, o 16 de decembro de 1988, é un futbolista internacional alemán que xoga como defensa central para o FC Bayern München da 1. Bundesliga alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hummels naceu en Bergisch Gladbach no estado alemán de Renania do Norte-Westfalia. O seu pai, Hermann Hummels foi tamén futbolista e responsable da canteira do Bayern de Múnic até que foi substituído en marzo de 2012 polo ex futbolista Stephan Beckenbauer, fillo de Franz Beckenbauer.[1] O seu irmán menor, Jonas Hummels é tamén futbolista. Desde os seis anos, Hummels xogou nas categorías inferiores do Bayern, onde comezou xogando de dianteiro até que o seu pai moveuno a posición defensa sendo un adolescente. O 19 de decembro de 2006, asinou o seu primeiro contrato profesional co club até o 2010. Debutou co primeiro equipo o 19 de maio de 2007, no último partido da tempada 2006-07, fronte ao Mainz 05, con vitoria por 5-2 a favor dos bávaros.

Sen oportunidades en Múnic, uniuse en xaneiro de 2008 ao Borussia Dortmund en calidade de cedido. Na súa primeira tempada completa, estabeleceuse rapidamente como titular, conformando o centro da defensa habitual xunto ao serbio Neven Subotić, tamén nacido en decembro de 1988; porén, perdeuse os últimos meses de competición debido a unha lesión que o afastou dos terreos de xogo. En febreiro de 2009, asinou de maneira definitiva co club de Dortmund,[2] que pagou ao Bayern unha cantidade próximo aos catro millóns de euros.[3]

A campaña 2010-11 foi incluso mellor que a anterior para Hummels. Xa consolidado como unha peza clave na defensa, axudou ao Dortmund a lograr a mellor marca defensiva na Bundesliga e á consecución do título de Liga. A actuacións de Hummels permitiulle gañarse os eloxios da prensa e adestradores en xeral, sendo considerado un dos mellores defensas na Bundesliga e en Europa. O Borussia Dortmund conseguiu o bicampeonato a seguinte tempada. Mesmo, Hummels anotou un dos goles cos que o club de Dortmund venceu 5-2 fronte ao seu ex-equipo, o Bayern de Múnic, na final da Copa de Alemaña 2012. O 3 de xuño de 2012, Hummels estendeu o seu contrato co Borussia Dortmund até o verán de 2017.[4]

Títulos[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Bayern München

Selección[editar | editar a fonte]

Alemaña

Individual[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Koylu, Enis (30 de marzo de 2012). goal.com, ed. "Bayern Munich sack Mats Hummels' father" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2014. 
  2. FC Bayern, ed. (6 de febreiro de 2009). "Former FCB youth makes loan move permanent" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2014. 
  3. FIFA, ed. (16 de setembro de 2012). "Hummels, símbolo del nuevo Borussia" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2014. 
  4. goal.com, ed. (3 de xuño de 2012). "Mats Hummels firma un nuevo acuerdo con el Borussia Dortmund hasta 2017" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2014.