Mesut Özil
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 15 de outubro de 1988 Gelsenkirchen (Alemaña do Oeste) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Grupo étnico | Kurdos e Pobo turco | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Relixión | Islam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Partido político | Partido da Justiça e Desenvolvimento (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Fußball-Bundesliga, Premier League e Süper Lig | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Mediocampista ofensivo e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2014 | qualificação europeia do campeonato do mundo da FIFA de 2014 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Amine Gülse (2019–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Parella | Amine Gülse (2017–) Mandy Capristo (2015–2017) Mandy Capristo (2014–2015) Mandy Capristo (2013–2014) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sitio web | mesutoezil.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mesut Özil, nado en Gelsenkirchen o 15 de outubro de 1988, é un ex-futbolista alemán que xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2005 incorporou ás categorías inferiores do Schalke 04. Na súa primeira tempada, co equipo xuvenil A do Schalke, Özil marcou 10 goles e gañou a Bundesliga sub-19. O 12 de agosto de 2006 disputou o seu primeiro partido da Bundesliga contra o Eintracht de Frankfurt. En xaneiro de 2008, o equipo renano anunciou que desestimaba prolongar o contrato de Özil, que terminaba en 2009.
O 31 de xaneiro de 2008, Özil fichou polo Werder Bremen, nunha operación na que o equipo verdibranco desembolsou 4,3 millóns de euros. O 26 de abril anotou contra o Karlsruhe o seu primeiro gol na Bundesliga. Na tempada 2008/09 gañou a Copa de Alemaña co Werder, anotando o gol da vitoria do seu equipo na final fronte ao Bayer Leverkusen. O 1 de maio de 2010 disputou o seu partido número 100 en primeira división.
Mesut Özil, que tiña contrato co Werder Bremen ata o 30 de xuño de 2011, foi contratado polo Real Madrid CF o 17 de agosto de 2010. O montante da operación ascendeu a 15 millóns de euros. O seu partido de debut co Real Madrid CF foi o 22 de agosto de 2010 contra o Hércules Club de Fútbol, partido que gañou o club madrileño por 3-1. Anotou o seu primeiro gol como merengue o 3 de outubro contra o Deportivo da Coruña, partido que terminou con marcador final de 6 a 1 a favor do equipo madrileño. No partido contra o AC Milan do 20 de outubro de 2010 anotou o seu primeiro gol en Champions League, no minuto 14, tras un pase de Cristiano Ronaldo.
O 2 de setembro de 2013, día límite de traspasos, Özil fichou polo Arsenal FC, a cambio duns 45 millóns de euros, e asinou un acordo de cinco anos co club inglés.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Subcampión da 1. Bundesliga | Schalke 04 | 2007 | |
| Subcampión da 1. Bundesliga | Werder Bremen | 2008 | |
| Copa de Alemaña | Werder Bremen | 2009 | |
| Subcampión da Copa de Alemaña | Werder Bremen | 2010 | |
| Primeira División | Real Madrid | 2011/12 | |
| Copa do Rei | Real Madrid | 2010/11 | |
| Supercopa de España | Real Madrid | 2012 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Eurocopa Sub-21 | Selección de Alemaña | 2009 | |
| Subcampión da Copa da UEFA | Werder Bremen | 2009 | |
| Terceiro porso na Copa do Mundo de Fútbol | Selección de Alemaña | 2010 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]| Distinción | Ano |
|---|---|
| Futbolista do mes na Bundesliga | setembro de 2008 |
| Mellor xogador da primeira volta da Bundesliga | 2009 |
| Futbolista do mes na Bundesliga | novembro de 2009 |
| Nomeado ao Balón de Ouro no Mundial 2010 | 2010 |
| Terceiro mellor gol no Mundial 2010 | 2010 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Özil ya es un nuevo jugador del Arsenal". Marca. 2 de setembro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesut Özil |
- Nados en 1988
- Nados en Gelsenkirchen
- Futbolistas de Alemaña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Rot-Weiss Essen
- Xogadores do FC Schalke 04
- Xogadores do Werder Bremen
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores do Fenerbahçe
- Xogadores do İstanbul Başakşehir
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Alemáns de ascendencia turca
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores do Mundial