Marco Xuniano Xustino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marco Xuniano Xustino
Nome completoMarcus Junianius Justinus
Nacementoc. século I
Falecementoc. século IIxuliano
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]
Epítome das Historias filípicas de Pompeio Trogo, de Marco Xuniano Xustino, edición de 1519.

Marco Xuniano Xustino ou Xustino Frontino foi un historiador romano dos séculos II-III[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se coñece da súa historia persoal. É o autor de Historiarum Philippicarum libri XLIV (Historias filípicas), un libro que el mesmo describe no seu prefacio como:

Unha colección das máis importantes e interesantes pasaxes da voluminosa Historiae Phillipicae et totius mundi origines et terrae situs, escrita en tempos de César Augusto por Pompeio Trogo

As obras de Trogo perdéronse, pero o prólogo do texto foi preservado por Plinio e outros escritores. O tema principal de Trogo foi o ascenso e historia da monarquía macedónica, aínda que Xustino permitiuse certas licenzas no que resultou nunha antoloxía e non resumo (ou epítome) do traballo de Trogo.

O libro foi utilizado en gran medida durante a Idade Media, xa que o autor foi confundido en moitas ocasións con San Xustino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ronald Syme, The date of Justin and the discovery of Trogus, in "Historia", n. 37 (1988), pp. 358-371.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Epitome historiarum Trogi Pompeii, edición de 1477.
  • Castro Sánchez, José (traducción y edición),. Justino/ Pompeyo Trogo. Epítome de las "historias filípicas" de Pompeyo Trogo/ Prólogos/ Fragmentos. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1788-3. 
  • Ballesteros Pastor, Luís, Pompeyo Trogo, Justino e Mitrídates. Comentario ao Epítome das Historias Filípicas (37,1,6 - 38,8,1) (Spudasmata 154), Hildesheim-Zürich-New York, Georg Olms Verlag, 2013, ISBN 978-3-487-15070-3.
  • Smith, William (editor); Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, "Justinus", Boston, (1867).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]