Södertälje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSödertälje
Imaxe

Localización
Mapa
 59°11′40″N 17°35′56″L / 59.194387, 17.598996Coordenadas: 59°11′40″N 17°35′56″L / 59.194387, 17.598996
EstadoSuecia
Condadocondado de Estocolmo
Municipiosconcello de Södertälje Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación76.320 (2020) Editar o valor em Wikidata (2.728,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.797 ha Editar o valor em Wikidata
Altitude23 m Editar o valor em Wikidata
Creación1300 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal151 XX Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico08 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
sen valor Editar o valor em Wikidata

Páxina websodertalje.se Editar o valor em Wikidata

Södertälje é unha cidade de Suecia situada no condado de Estocolmo.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome Telje aparece mencionado durante o século XI. Para resolver o conflito provocado con outra poboación que foi fundada ao norte de Estocolmo durante o século XVII, engadíuselle Söder (sur), xurdindo deste modo Södertälje; á outra poboación recibiu o Norr (norte), xurdindo así Norrtälje.

Durante o século XVIII Södertälje recibiu unha foro. Debido á Gran Guerra do Norte e a unha serie de pragas, a poboación viuse reducida ás 200 persoas.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación en 2010 era de 64.619 habitantes. Sendo a décimo sexta poboación por número de habitantes en Suecia.[1]

Logo da Guerra de Iraq moitos iraquís refuxiáronse en Södertälje, na súa maioría cristiáns, recibindo máis inmigrantes iraquís ca os Estados Unidos e o Canadá xuntos [1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sitúase entre Estocolmo, Strängnäs e Nyköping. É o punto de conexión entre lago Mälaren co Mar Báltico a través da canle de Södertälje

Comunicacións e conexións[editar | editar a fonte]

Södertälje é un importante nó ferroviario e de autoestradas, ademais do peirao da Canle de Södertälje.

  • Autoestrada E4
  • A Autoestrada E20
  • Liña de Svealand
  • Liña do Oeste
  • Liña Nyköping
  • Canle de Södertälje

Economía[editar | editar a fonte]

Södertälje é o lugar no que se fabrican os autobuses e camións da marca Scania AB. Tamén é a sede da farmacéutica AstraZeneca[2]. O grupo Volkswagen ten a súa central en Suecia tamén nesta localidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. AstraZeneca[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]