Fatema Mernissi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fátima Mernissi»)
Infotaula de personaFatema Mernissi

(2004) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Fez, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Rabat, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónSorbona
Universidade Brandeis Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, Estudos de xénero e socioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , escritora de non ficción , activista polos dereitos das mulleres , profesora universitaria , ensaísta , socióloga , feminista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Mohammed V Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioFatma Aït Sabah Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, árabe, lingua inglesa e árabe marroquí Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1031314 Editar o valor em Wikidata

Fatema Mernissi (en árabe, فاطمة مرنيسي Fātima Marnīsī), nada en Fez o 27 de setembro de 1940 e finada en Rabat o 30 de novembro de 2015, foi unha escritora e socióloga feminista marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe. A súa obra dedícase á condición feminina nas sociedades musulmás.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fatema Mernissi naceu en Fez, un dos centros do movemento nacionalista marroquí contra a ocupación francesa. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións.[1] Na gran casa familiar existían cuartos para as mulleres entre as que naceu e creceu. O triunfo do nacionalismo político permitiulle acceder a unha educación da que non gozaran a súa nai e a súa avoa, quen eran analfabetas.

Durante os primeiros anos formouse nas escolas coránicas para incorporarse despois ao modelo de ensino proposto polo estado acabado de crear. Ata os vinte anos só falaba árabe, mais para superar a barreira da lingua aprendeu varios idiomas e escribiu as súas obras en árabe, francés e inglés. Mernissi obtivo o seu título de Ciencias políticas na Facultade de Dereito da Universidade Mohamed V de Rabat e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na universidade da Sorbona, en París.[2] En 1973 doutorouse en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos), coa obra Beyond the Veil: Male-Female Dynamics in Modern Muslim Society.[1] Á súa volta a Marrocos deuse a coñecer polas súas intervencións no 24º Congreso de Socioloxía de abril de 1974 en Alxer.

Os seus ensaios e traballos literarios convertérona nunha das escritoras máis célebres do Magreb e nun referente de primeira orde dentro do pensamento árabe do século XX. Dende 1973 ata 1980 foi profesora de socioloxía na Universidade de Rabat.[3] Máis adiante deu clases no Institut Universitarie de Recherche Scientifique da Universidade Mohamed V. Ademais, Mernissi foi consultora de organismos internacionais como a Oficina Internacional de Traballo ou a UNESCO, e directora de diversas coleccións, entre elas, Femme Magreb Horizons 2000, Marocaines e Citoyennes de Demain.[2]

En 2003 Mernissi recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras xunto con Susan Sontag.[4] En 2004 recibiu o premio Erasmus xunto con Sadiq Jalal al-Azm e Abdolkarim Soroush.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

A primeira monografía de Mernissi, Beyond the Veil, foi publicada en 1975.[6] Unha edición revisada foi publicada no Reino Unido en 1985 e nos Estados Unidos en 1987. Beyond the Veil converteuse nun clásico, especialmente nos campos da antropoloxía e a socioloxía das mulleres do mundo árabe, a área mediterránea e as sociedades musulmás en xeral.

O seu libro máis famoso como feminista islámica, The Veil and the Male Elite: A Feminist Interpretation of Islam, é un estudo case histórico do papel das esposas de Mahoma. Foi publicado inicialmente en francés en 1987 e traducido ao inglés en 1991. O libro foi prohibido en Marrocos, Irán e os estados árabes do golfo Pérsico.[7]

Para Doing Daily Battle: Interviews with Moroccan Women (1991), entrevistou mulleres campesiñas, traballadoras, videntes e criadas. En 1994, Mernissi publicou un libro de memorias, Dreams of Trespass: Tales of a Harem Girlhood,[8][9] traducido ao galego por Rocío Viéitez Ferro en 2022, co título Soños no limiar.[10]

Contribuíu coa peza "The merchant's daughter and the son of the sultan" á antoloxía Sisterhood Is Global: The International Women's Movement Anthology (1984), editada por Robin Morgan.[11][12]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 1975: Beyond the Veil: Male-Female Dynamics in a Muslim Society
  • 1983: Le Maroc raconté par ses femmes
  • 1984: L’amour dans les pays musulmans
  • 1985: Femmes du Gharb
  • 1987: Le harem politique – Le Prophète et les femmes
  • 1988: Shahrazad n’est pas marocaine
  • 1989: Doing Daily Battle: Interviews with Moroccan Women (editora)
  • 1990: Sultanes oubliées – Femmes chefs d’Etat en Islam
  • 1992: La Peur-Modernité
  • 1993: Women’s Rebellion and Islamic Memory
  • 1994: The Harem Within
  • 1997: Les Aït-Débrouille
  • 1998: Etes-vous vacciné contre le Harem?
  • 2001: Scheherazade Goes West
  • 2002: Islam and Democracy: Fear of the Modern World
  • 2009: Les Femmes Du Maroc

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fatima Mernissi - Biografía, libros y novelas". www.compartelibros.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Biografia de Fátima Mernissi". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  3. Fatima Mernissi, 1940. Poder, Arroyo, Medina. Del Orto. 1 de xaneiro de 2002. ISBN 9788479232863. OCLC 53707046. 
  4. "Notable Feminist Fatema Mernissi, Susan Sontag - Literature 2003". Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  5. "Former Laureates". Praemium Erasmianum. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  6. Khaleeli, Homa. "Fatema Mernissi". The Guardian. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  7. Evita Saraswati, Raquel (16 de outubro de 2014). "Fatima Mernissi: going beyond the veil to fight misogynist interpretations of Islam". Aquila Style (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  8. Mernissi, Fatima (1994). The harem within (Bantam reprint ed.). Toronto: Bantam Books. ISBN 978-0553408140. 
  9. Mernissi, Fatima (1995). Dreams of trespass : tales of a harem girlhood. Fotografías de Ruth V. Ward (26. printing. ed.). Cambridge, Massachusetts: Perseus Books. ISBN 978-0201489378. 
  10. Viéitez, Nora. "Soños no limiar". bibliotraducion.uvigo.es. Laiovento. Consultado o 2023-11-05. 
  11. "Table of Contents: Sisterhood is global :". Catalog.vsc.edu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  12. Valentine M. Moghadam (2003). Modernizing Women: Gender and Social Change in the Middle East. Lynne Rienner Publishers. pp. 76–. ISBN 978-1-58826-171-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]