Suero Gómez de Soutomaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suero Gómez
Señor de Rianxo, Lantañón, Vea e Insua.
Sepulcro de Sueiro Gomes de Soutomaior.jpg
Restos do sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior, conservado no Museo de Pontevedra
Predecesor Paio Gómez de Soutomaior
Sucesor Inés de Mendoza e Soutomaior

Nacemento 1417
Rianxo, Galiza.
Falecemento ca.1490
Pontevedra, Galiza.
Sepultura Museo de Pontevedra, Pontevedra, Galiza.
Cónxuxe/s Leonor Vazquez de Insua.
Descendencia Inés de Mendoza e Soutomaior
Proxenitores
Maior Mendoza

Suero Gómez de Soutomaior ou Sueiro Gomes de Soutomaior (na súa forma orixinal), nado en Rianxo cara a 1417 e finado en Pontevedra cara a 1490, foi un destacado aristócrata do reino de Galiza durante o século XV, herdeiro dunha liñaxe que se remonta polo menos ao seu tataravó, o grande almirante e adiantado galego Pai Gómez Chariño. Viviu nun tempo convulso, con graves tensións entre os diferentes nobres e os irmandiños, foi señor da Lantañón, Rianxo e a Insua de Vea, ostentando o título de marechal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Paio Gómez de Soutomaior e Maior de Mendoza (sobriña do arcebispo Lopo de Mendoza), naceu cara o ano 1417 sendo medio irmán do famoso "Pedro Madruga", tomou por esposa a Leonor Vasques de Insua.

Guerra Irmandiña[editar | editar a fonte]

Durante a Gran Guerra Irmandiña, Suero foi un dos nobres que combateu o movemento irmandiño, o mesmo que pretendía reducir o poder nobiliario sobre os campesiños e sobre os fidalgos pouco favorecidos economicamente. Esta postura anti-irmandiña será a que o leve a xurar o 3 de novembro de 1470[1], un pacto contra o arcebispo Fonseca, a marquesa de Astorga e a Irmandade, e na que participan con el, outros sete altos nobres do reino: Pedro Alvarez Osorio, Xoán de Zúñiga, Sancho de Ulloa, Pedro Alvares de Soutomaior, Lopes Sanches de Moscoso, Diego de Andrade e Diego de Lemos.

Consecuencia deste pacto, había tomar partido na batalla de Altamira (acontecida o 13 de xuño de 1471), dentro da coalición de nobres do reino formada por Gomes Peres das Mariñas, Diego de Andrade, Pedro Álvarez de Soutomaior e Pero Pardo de Cela entre outros, e que tentaba acabar coas revoltas antiseñoriais. Desde a vitoria contra os exércitos irmandiños de Afonso de Lanzós e do arcebispo Fonseca e dos seus aliados, dise que Suero se autoproclamou "marechal".

Guerra civil castelá[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil castelá na que se disputaba a lexitimidade entre Isabel e Xoana, alcumada polos seus inimigos "a Beltranexa", Suero non chegou a posicionarse politicamente, poñéndose no bando neutral, aínda que sen opoñerse á integración do reino de Galiza na coroa portuguesa, como dote da infanta Xoana.

Descendendia[editar | editar a fonte]

Do matrimonio con Leonor Vazques de Insua tivo unha filla: Inés de Mendoza e Soutomaior.

Notas[editar | editar a fonte]