Carlos Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Barros
Seminario de Carlos Barros en las IX Jornadas de Historia de la Escuela Nacional de Antropología e Historia. Ciudad de México, 19 de octubre de 2016 (cropped).png
Datos persoais
Nacemento 13 de xullo de 1946 (70 anos)
Lugar Vigo Galicia Galiza
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Historia

Carlos Barros Guimeráns, nado en Vigo o 3 de xullo de 1946, é un historiador galego especialista en historia medieval de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Barros estudou na súa cidade natal e en Madrid enxeñería técnica industrial, nesta última cidade comezou a militar no PCE (1968) e ao remate dos seus estudos e a volta a Galicia no PCG, partido do que foi membro do seu comité central e secretario de relacións políticas. Foi detido en Ourense en maio de 1971 acusado de asociación ilícita e posto a disposición do Tribunal de Orde Pública[1]. Licenciouse en Xeografía e Historia en 1986, e obtivo en 1988 o doutorado coa tese, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios. Exerce como profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela dende 1990.

Obras historiográficas[editar | editar a fonte]

  • A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.
  • Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990.
  • ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996.
  • Historiografía fin de siglo, Santiago de Compostela, 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia, 26-5-1971, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]