Conversa:Sueiro Gómez de Soutomaior

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Cómpre trocar o "burial" que aparece no Modelo:Realeza por "sepulcro", eu non sei como facelo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 14:58, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Hai que traduci-lo modelo na páxina do modelo, e logo corrixir aquí en nas páxinas onde estea o modelo. Canto máis se use o modelo, máis traballo imos ter cando o corrixamos. --Alberte Si, dígame? 15:44, 17 de xuño de 2010 (UTC)

O nome correcto é Suero ou Sueiro?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2014 ás 13:39 (UTC)[responder]

Segundo Alberto Vilanova e segundo Carlos Barros, citados no artigo, é "Suero", sen "i". --. HombreDHojalata.conversa 2 de xaneiro de 2019 ás 21:56 (UTC)[responder]
Grazas, engadín a referencia no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 00:55 (UTC)[responder]
Pero agarda. Segundo a DS21 tamén é "Suero".
Porén, segundo a EGU (e o DEGU, que sae do mesmo sitio) é "Sueiro".
Ollo, segundo Pallarés e Portela Silva n'A gran historia de Galicia, 2007 (en tres páxinas distintas): "Soro", sen "u" e sen "i".
Para liala máis, en cada libro o apelido aparece dun xeito distinto: Soutomaior/Sotomayor/Soutomayor/Sotomaior e, para poñelo doado, case ningún libro de historia galega trae índice honomástico. Consultei media ducia máis de obras desta listaxe pero non o atopei. . HombreDHojalata.conversa 7 de xaneiro de 2019 ás 23:26 (UTC)[responder]
Moitas grazas polas procuras HombreDHojalata, entendo que é o normal con este tipo de persoeiros desa época. Porén e vendo que hai referencias en galego para o nome de Sueiro Gómez de "Soutomaior", entendo que o máis correcto sería mover o artigo a Sueiro Gómez de Soutomaior. É certo que tamén hai referencias para o nome de Suero en obras en galego, pero penso que non son tan axeitadas xa que usan o apelido "Soutomayor" que está claramente castelanizado... Que che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 09:34 (UTC)[responder]
Foi don Pedro quen moveu á inversa: [1] Chamámolo a consultas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]
Ah, vale, non me decatara diso, pois a ver que di. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 13:31 (UTC)[responder]

Segundo a Real Academia Galega o correcto é Sueiro -> https://academia.gal/documents/10157/704901/Os+apelidos+en+galego.pdf#page=48&zoom=auto,-416,595. e Soutomaior-> https://academia.gal/documents/10157/704901/Os+apelidos+en+galego.pdf#page=69&zoom=auto,-416,596
Saúdos. Cossue (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 19:54 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata:, as referencias en castelán pra nomes en galego ("Revuelta de los irmandiños", "Don Álvaro Sánchez de Ávila, tenente de Rocha Forte, o la nobleza gallega bajomedieval…" e El Reino de Galicia hasta 1700) non deberían ser válidas e creo que deberían retirarse. One2 (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 22:55 (UTC)[responder]
Referencias que deberían retirarse?! Son referencias, de nomes (e doutras cousas). Non son referencias de nomes en galego nin de nomes en castelán nin de nomes en xaponés nin de nomes en chinés, son referencias de moitas cousas. Por suposto que non deberían retirarse. Por que se ian retirar?! O que precisa o artigo (este e todos) e mellorar e medrar, non retirar fontes fiabeis, estean en castelán, en inglés ou en alemán. Por certo, esas referencias que dis, coinciden en moitos casos con referencias en galego. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 23:14 (UTC)[responder]
Evidentemente non digo no resto do artigo, refírome a referenciar o propio nome cun texto en castelán. A fonte será fiábel pra información, mais noutras linguas poden escribir os nomes doutro xeito. Se coinciden con referencias en galego haberá que traguer esas referencias en galego. One2 (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 23:25 (UTC)[responder]

Exemplos dalgunhas cousas que precisa o artigo:

  • ¿algunha referencia en algures para o ano de nacemento, que sitúa en 1417?
  • Referenciar e/ou refacer a sección "Guerra civil castelá". O que eu teño lido contradí o que conta esa sección.
  • Ampliar e referenciar a relación familiar con Pedro Madruga, que puña medio irmán e eu, segundo o que lin, mudei a primo.--. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 23:29 (UTC)[responder]
@Elisardojm: con independencia de que Lameiro conteste, coido que xa podemos ir movendo a Suero Gómez de Soutomaior (ten que facelo un administrador). --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 23:41 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 00:19 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Suero Gómez de Soutomaior. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de novembro de 2018 ás 23:44 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Sueiro Gómez de Soutomaior. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 16:00 (UTC)[responder]