Senra, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Senra
Igrexa Senra.JPG
Igrexa de San Xulián de Senra.
Mapa Senra.PNG
ConcelloOrtigueira
Área8,66 km²
Poboación337 hab. (2013)
Densidade38,91 hab./km²
Entidades de poboación10

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Senra está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na marxe esquerda do río Maior. Linda polo norte coa ría de Ortigueira dende a desembocadura do río Maior até a enseada da Roncadoira, polo leste limita coas parroquias de Cuíña e Os Freires, marcados ambos límites polo curso do río Maior , polo sur o regato da Gaiba sepáraa das parroquias de Devesos e O Ermo, e polo oeste linda coa parroquia de San Claudio no rego Chaelo. Como noutras parroquias do litoral a poboación concéntrase ao longo da estrada AC-862 que cruza os lugares de Riomaior, O Nogueirido, A Telleira e A Basteira. Dende o lugar do Nogueirido, nesta mesma estrada sae outra que atravesa a parroquia até a parroquia de Insua. Case paralela a estrada xeral, vai a vía de FEVE, que conta nesta parroquia cun apeadoiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, é unha construción moderna de cruz latina. Preto dela hai unha magnífica casa reitoral e en fronte un pouco separado, queda o cemiterio parroquial. No lugar do Nogueirido, á beira do antigo camiño real, está a ermida da Santiña, na honra da Virxe das Dores, cunha pedra que amosa unha faciana antropomorfa, e que contan foi atopada nun terreo por unha labrega que dixo ver nela a imaxe da Virxe.

O centro escolar da Granxa, no lugar dese nome, foi sufragado polos indianos, nome co que eran coñecidos os emigrados nos inicios do 1900 a Cuba. Outras construcións destacadas son o pazo de Riomaior e un muíño de mareas na mesma desembocadura do río Maior. Augas arriba do mesmo río está a Ponte de Saa, do século XIV, pola que pasaba o Camiño Real que foi único paso deste río até a construción da actual estrada AC-862.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Senra[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Senra no concello coruñés de Ortigueira

As Areas - O Barral - A Basteira - As Areas - O Barral - A Basteira - Burreiros de Abaixo - Burreiros de Arriba - Os Canavás - A Carmona - A Casanova - Castiñeiras - O Castro - A Cocheira - Os Cribeiros - O Crucifixo - O Escorial - Folgoso de Abaixo - Folgoso de Arriba - Fontela de Abaixo - Fontela de Arriba - A Gallupá - A Gándara - A Granxa - Gueirón - O Igrexario - Os Lagares - A Lameira - Miñan - O Monte - O Muíño do Mar - O Navallo de Abaixo - O Navallo de Arriba - O Nogueirido - O Piñeiro - Pol de Abaixo - Pol de Arriba - Os Raposos - A Redonda - A Rega - O Rego - Riomaior - Roibás - Sa - O Santo - O Seixo - Seoane - O Sixto - Soldares - A Sortella - O Souto de Pol - A Taipa - A Telleira

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]