Céltigos, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Céltigos
Igrexa de Céltigos.jpg
Igrexa de San Xulián de Céltigos.
ConcelloOrtigueira
Área6,1 km²
Poboación281 hab. (2017)
Densidade46,07 hab./km²
Entidades de poboación28

San Xulián de Céltigos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 359 habitantes (181 mulleres e 178 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Céltigos está situada entre o monte de Covaguión, que forma a punta da Bandexa na costa, e as estribacións da serra do Feo. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada ate a pena da Cruz dos Paraños, polo suroeste a parroquia de Espasante, polo sur San Salvador de Couzadoiro, e polo Este a parroquia de Loiba.

O pequeno río Aguiunxo atravesa a parroquia dende o lugar dos Furoces até a praia do Vimbieiro. Outras acolledoras praias da parroquia son O Eirón e A Arxuá que flanquean á anterior, e na costa nordeste está a agreste praia do Sarridal e a Ribeira dos Ourizos.

A estrada AC-862 atravesa a parroquia de nordeste a suroeste por Oldar, O Viso e Rilleiras. Tamén cruza a parroquia a vía de FEVE Ferrol-Xixón cun túnel de 547 metros, mais non dispón de apeadoiro ningún na parroquia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A antiga igrexa parroquial do século XVIII, construída cunha soa nave e cun retablo barroco foi derrubada recentemente e no seu lugar alzouse unha estrutura moderna, conservándose unicamente o antigo campanario. O conxunto fica á beira da estrada comarcal que enlaza coa estrada AC-862 e remata na praia do Vimbieiro. Ao lado esquerdo érguese o cemiterio parroquial.

Consérvanse restos dun poboado castrexo con varias penas adheridas de xeito natural ó chan. Consérvanse petróglifos en forma de cazoletas, estudadas polo arqueólogo inglés Rivett Carnac e por Federico Maciñeira nas súas colaboracións no Boletín de la Real Academia da la Historia. Na actualidade atópase cuberto de eucaliptos e toxeiras que fan case inaccesible este lugar.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Céltigos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Céltigos no concello coruñés de Ortigueira

O Aro | O Barral | A Brixela | O Cabaleiro | O Cal | Callobre | Os Carrís | A Costoira | Entornacarros | Figueiras | A Fonte | Fonterredonda | Os Furoces | A Graña | A Leira | Mandín | Mazorgán | Oldar | O Orto | As Painceiras | As Paredes | O Pedrido | Pena das Seixas | Os Pumares | As Rilleiras | Tope | O Vimbieiro | O Viso

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]