Mera de Abaixo, Ortigueira
| Mera de Abaixo | |
|---|---|
Igrexa de Mera de Abaixo. | |
| Concello | Ortigueira[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°38′02″N 7°53′45″O / 43.63376616, -7.89569501 |
| Área | 9,17 km² |
| Poboación | 198 hab. (2025) |
| Densidade | 21,59 hab./km² |
| Entidades de poboación | 31[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Mera de Abaixo é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (129 mulleres e 105 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Mera de Abaixo está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na desembocadura do río Mera que vén atravesando a parroquia de norte a sur. Linda polo norte coa ría de Ortigueira e coa parroquia de Veiga dende o regato Mazaricos, polo leste limita coa parroquia de San Claudio no regato de Carballo de Boi, polo sur coa parroquia do Mera de Arriba e polo oeste linda coa parroquia de Montoxo do concello de Cedeira. A estrada AC-862 cruza a parroquia por Ponte de Mera, e dende aquí mesmo sae a estrada que vai até Cariño. Tamén cruza este val cun viaduto de once arcos a vía de FEVE, que dispón no lugar do Souto dunha estación, hoxe reducida a un apeadoiro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial na honra de Santiago e que ten planta de cruz latina está no lugar do Cereixal e ao seu carón queda o cemiterio parroquial, afastado todo hoxe do que foi o crecemento de poboación ao longo da AC-862 en Ponte de Mera. Preto de aquí polo camiño até Ponte Noval en Mera de Arriba está o Pazo do Souto, en rehabilitación.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Pazo do Souto
- O Río Mera ao paso pola Illa
- Area recreativa da Illa do Mera
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mera de Abaixo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Mera de Abaixo no concello coruñés de Ortigueira | |
|---|---|
|
Beluz | Caparelle | A Casanova | O Castro | O Cereixal | A Corredoira | As Croas | A Estación | A Feira | A Ferrería | Ferrol Vello | O Forno | O Lagar | Os Muíños | O Murallón | O Outeiro | Painceiras | A Pardiñeira | O Peteiro | A Ponte de Mera | A Porta do Crego | Porteiro | Pumariño | As Raíces | O Reto | O Souto | Torrente de Abaixo | Torrente de Arriba | A Veiga | O Vilar | Vilariño |