Loiba, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loiba
Igrexa de Loiba.jpg
Igrexa de San Xulián de Loiba.
Mapa Loiba.PNG
Concello Ortigueira
Área 19,3 km²
Poboación 391 hab. (2013)
Densidade 20,26 hab./km²
Entidades de poboación 49

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Loiba está situada no extremo oriental do concello de Ortigueira, entre o Océano Atlántico e a vertente occidental da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada ate a desembocadura do río de Esteiro, que á súa vez é límite co concello de Mañón, polo oeste linda coa parroquia de Céltigos, e polo sur e leste coa Ría de Esteiro até o regato de Pumar de Val, que a separa de novo de Mañón.

O río Esteiro atravesa a parroquia até a praia de Esteiro que a divide do veciño concello de Mañón. No seu termo hai outras praias salvaxes como O Picón e O Carro, ás que pola zona adoita chamárselles ribeiras, polo escarpado dos seus accesos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial está ao pé da estrada que leva ate o lugar do Picón dende a AC-682. É de construción moderna e planta de cruz latina, e ao seu carón está o cemiterio parroquial. Existen ademais na parroquia dúas pequenas capelas adicadas a Santo Andrés, preto do antigo campo da feira a beira do río Esteiro, e á Virxe do Carme, no lugar de Soutomor.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Loiba[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Loiba no concello coruñés de Ortigueira

O Aroxo | A Bidueira | Burreiros | O Cadaval | O Calvario | O Casal | Casanova | Casaqueimada | A Casilla | A Costa | A Estrada | O Fecellido | A Feira | Ferradás | Os Ferreiros | A Fervenza | Fontela | A Furadiña | A Grela | A Igrexa | Ladeiro | O Lagar | Lamacido | O Lombo | O Loureiro | Maciñeira | Montedónigo | Moreiras | Mourama | Muíños | Ourao | Outeiro | O Pazo | Penapicada | Penas do Lombo | A Penela | A Peneliña | O Picón | O Piñeiro | A Ponte | Os Portás | Pousada | A Pulgueira | Quelle | Os Ramos | Reparada | A Retorta | O Rosario | Rubido | Soutomor

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]