Couzadoiro, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cristovo de Couzadoiro
Igrexa de San Cristovo.JPG
Igrexa de San Cristovo de Couzadoiro
Mapa San Cristovo.PNG
Concello Ortigueira
Área 21,8 km²
Poboación 152 hab. (2009)
Densidade 6,97 hab./km²
Entidades de poboación 23

San Cristovo de Couzadoiro é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Couzadoiro está situada na parte oriental do concello no curso medio do río Baleo e na aba occidental da Serra da Faladoira, do coto de Roca e dos montes do Burgo. Limita ao norte con San Salvador de Couzadoiro, dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouráz; polo suroeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de Devesos, e polo oeste limita coa parroquia de Cuíña no monte da Penouseira.

Dende a estrada AC 682 na Ponte do Baleo, parte outra que leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.

O río Baleo duns 14 quilómetros, forma un val ao que van dar gran cantidade de regos e regatos de certa importancia, polo que vai recibindo distintos nomes ao longo do seu curso. Na parte alta chámaselle o río das Mestas, máis abaixo é o río Grande, e xa preto da enseada de Ladrido onde desemboca, coñécese coma Baleo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Cristovo, á beira do rego de Meixonfrío, é un templo de certa amplitude; de planta de cruz latina con cinco pequenos altares, un dos cales é de estilo churrigueresco. Venérase nesta igrexa unha imaxe da virxe do Loreto, que deu lugar a unha romaría moi popular hoxe xa esquecida.

Seguindo este mesmo rego até a súa unión co Baleo, no lugar da Veiga está o Pazo da Torre. Alí mesmo hai tamén unha ponte pola que pasaba o camiño real de Ortigueira a Viveiro até que se construíu a finais do século XIX a do Barqueiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Cristovo de Couzadoiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira

O Acivido | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Castelo | Castrillón | Cernada | O Chao | A Corredoira | Corvelle de Abaixo | Corvelle de Arriba | O Coutado | O Cristo | Cu de Petos | A Ferrería | O Foxo | Martiñan | Meixonfrío | As Mestas | Montecalvelo | O Nogueirido | O Pazo | A Pena | As Penas do Rego | O Pesco | O Piñeiro | Porto de Insua | O Preguntoiro | Randamil | Riba de Souto | San Miguel | Santaballa de Abaixo | Santaballa de Arriba | O Teixeiro de Abaixo | O Teixeiro de Arriba | A Torre | O Trabado | O Vilar | Xiros | Xorres

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]