San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Salvador de Couzadoiro
Igrexa de San Salvador.JPG
Igrexa de San Salvador de Couzadoiro.
Mapa San Salvador.PNG
ConcelloOrtigueira
Área9,1 km²
Poboación93 hab. (2017)
Densidade10,22 hab./km²
Entidades de poboación31

San Salvador de Couzadoiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 114 habitantes (56 mulleres e 58 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada na parte suroriental do val do río Baleo ocupando o fondo dese val e a aba oeste da Serra da Faladoira, do Monte de Rande, do alto do Feo e de Bidueiros, e a parte oriental do Mosteiro. Entre os montes do Feo e Bidueiros corre o curso alto do río Dola, que da forma a outro pequeno val no que se acochan algúns lugares coñecidos por Tras do Río.

Limita ao norte coas parroquias de Espasante nos montes do Callobre, e Céltigos nos de Rande; polo leste o rego de Munín e os altos da Faladoira sepárana do concello de Mañón; polo sur limita coa parroquia de San Cristovo de Couzadoiro e polo oeste coas parroquia do Mosteiro e de Ladrido.

Dende a estrada AC 682 na Ponte do Baleo parte outra que no km 1 se bifurca noutras dúas que atravesan a parroquia. A da esquerda chega até Mañón por Braelle, Casás, Falca e Bidueiros e pola dereita vai até Devesos por Carballo Gordo, Covelo e Baxás.

Continúa esta parroquia o val que forma o río Baleo augas arriba dende o lugar de Ponta da Pedra até o do Carrexo, xa en Ladrido.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Salvador localízase no lugar da Igrexa. É dunha soa nave con espadana a que se accede por unha escaleira exterior, do mesmo xeito que o resto das moitas igrexas do concello deste estilo. Hoxe queda practicamente afogada polas sucesivas ampliacións do cemiterio parroquial e as propiedades privadas do seu redor.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Salvador de Couzadoiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Salvador de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira

Baxás | Bidueiros | Braelle | Budeiros de Abaixo | Budeiros de Arriba | O Carballo Gordo | Os Carballos | O Carboeiro | Os Casás | Coruxo Novo | Coruxo Vello | O Covelo | A Ervella | A Escada | A Felgueira | O Feo | As Figueiras | A Igrexa | A Lixoa | Os Loureiros | Mucrín | As Nogueiras | As Paredes | O Pazo | A Peníscola | A Ponte da Pedra | Rande | Ratón | Rego Vello de Abaixo | Rego Vello de Arriba | A Regueira de Abaixo | A Regueira de Arriba | Requeixo | Sóñara | O Souto | O Tellado | Ventosa | Os Vilalbas | O Vilar

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]