As Neves, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Neves
Igrexa das Neves.jpg
Igrexa de Nosa Señora das Neves
Mapa As Neves.PNG
Concello Ortigueira
Área 20,68 km²
Poboación 89 hab. (2011)
Densidade 4,3 hab./km²
Entidades de poboación 26

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As Neves está situada no extremo sueste do concello, na vertente occidental da Serra da Faladoira, que acada nesta parroquia os 700 metros de altitude. Limita ao norte e ao nordeste coa parroquia de Devesos nos cumes de Tracela e Toxeiro, Muro do Vasco e A Panda; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón, polo sur linda coa parroquia do Freixo, e finalmente o regato San Pedro, afluente do Pulgueira sepáraa da parroquia de Insua e o regato de Santa Mariña, tamén afluente do Pulgueira, sepáraa da parroquia do Ermo polo oeste.

A estrada de Ortigueira-As Pontes, atravesa a parroquia no seu lado leste, polos lugares do Muro do Vasco, Panda e Panda da Serra.

Percorren esta parroquia tres regatos de sueste a noroeste: o Rego dos Sapos, o Corvite e o San Pedro, que val abaixo dan lugar ao río Pulgueira.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial das Neves é unha antiga ermida na honra de Nosa Señora das Neves, que foi ampliada cando se creou esta parroquia.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Neves[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Neves no concello coruñés de Ortigueira

O Aciveiral | Os Caroceiros | O Casal | A Casavella | Caxigueira de Abaixo | Caxigueira de Arriba | Corvite | Ermida | Fracela | Freixido de Abaixo | Gonzalvo | Gosende | A Monteira | O Muíño | Muro do Vasco | A Panda da Serra | A Panda | O Penso | Portoseco | O Rego da Laxe | O Rego dos Sapos | A Riba | San Pedro Grande | San Pedro Pequeno | O Toxeiro | Vilariño

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]