Mera de Arriba, Ortigueira
Mera de Arriba | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Mera de Arriba | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°39′42″N 7°55′21″O / 43.66171821, -7.92243111 |
Área | 13,6 km² |
Poboación | 96 hab. (2013) |
Densidade | 7,06 hab./km² |
Entidades de poboación | 45[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Mera de Arriba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 96 habitantes (48 mulleres e 48 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Mera de Arriba ocupa a conca superior do Río Mera que percorre de norte a sur esta parroquia e os vales dos seus afluentes: o rego da Igrexa, o Zapateiro, e o da Fervenza, que veñen desembocar en Ponte Noval. Linda polo norte coa parroquia de Mera de Abaixo, polo leste coa parroquia de San Claudio, polo sueste coa parroquia do Ermo, e polo oeste cos concello de Cerdido e de Cedeira. A estrada AC-862 pasa polo alto do Pousadoiro na parte oeste da parroquia e dende aquí parte unha estrada local que pasando por Ponte Noval chega ao lugar de Veluz. Tamén atravesa a parroquia a vía de FEVE, que dispón dun apeadoiro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial na honra de Santa María está no lugar da Reitoral e ten planta de cruz latina, á súa beira queda o cemiterio parroquial.
No lugar da Ponte Noval hai unha ponte sobre o río Mera, pola que pasaba o camiño real en dirección a Ferrol. Segundo conta Anxel Rosende na súa Guía de Ortigueira, era a principal vía de paso até a construción da estrada actual por Ponte Mera, xa que era o único vao sobre o dito río. Nela houbo enfrontamentos con destacamentos franceses durante a Guerra da Independencia Española.
Neste lugar hai unha escola de indianos, hoxe convertido en centro social parroquial.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A ponte de Ponte Noval sobre o Mera.
-
Centro Social na antiga Sociedade de Instrución dos indianos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mera de Arriba
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mera de Arriba no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Amieiro - Baldomar - O Cal do Rego - O Cal - A Casanova - A Caseta - Os Casós - O Cochovello - A Congostra - A Costa - O Coto - O Covo - O Cruz do Noval - O Formigueiro - O Foxo - A Fraga - As Galiñeiras - A Lamela - A Leira Chá - A Leira - O Lourenzo - Maiordomo - Muíños - Os Netos - Pardiñas - Os Pasadoiros - O Pazo - A Peroxa - O Pico - O Plantío - A Ponte Noval - A Pontenova - O Pousadoiro de Abaixo - O Pousadoiro de Arriba - Pumariño - Raxeiro - A Rectoral - As Redondas - O Regueiro- A Retorta - O Río - Os Sedeás - O Soutonovo - Susaído - Tellas - Vilar - Xudracos - O Zapateiro |