Devesos, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Devesos
Igrexa de San Sebastián de Devesos.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°37′47″N 7°48′52″O / 43.6296, -7.8144Coordenadas: 43°37′47″N 7°48′52″O / 43.6296, -7.8144
Área27,87 km²
Poboación112 hab. (2013)
Densidade4,02 hab./km²
Entidades de poboación41[1]
editar datos en Wikidata ]

San Sebastián de Devesos[1] é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Devesos está situada na parte occidental do concello, esténdese polo curso alto do río Baleo e pola aba occidental da serra da Faladoira. A parroquia linda ao norte coa parroquia de Couzadoiro polo alto de Coucemosquento e a de Freires polo rego do Lombao; polo nordeste volve a lindar con Couzadoiro e os regatos de Santaballa e Viduído; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón; polo suroeste e polo sur linda coas parroquias das Neves e do Ermo, e polo oeste os altos de Folgoso sepárana da parroquia de Senra.

A estrada de Ortigueira – As Pontes, atravesa a parroquia no seu lado oeste, de norte a sur, dende o quilómetro 5 até o quilómetro 9, polos lugares do Coto, Camiño Grande, Casón e Paufito.

Os ríos Baleo e Mera, os dous leitos máis importantes do concello, teñen nos cumios e nos vales profundos desta parroquia as súas primeiras fontes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Devesos, no Igrexario, é un templo antigo con planta de cruz latina do que se pode destacar un pouco usual pórtico lateral. Está adicado a San Sebastián, o patrón da parroquia. Un pouco afastado está o cemiterio e no seu camiño testando coa igrexa atópase a casa reitoral, do século XVII, actualmente restaurada.

Neste mesmo lugar do Igrexario e no fronte do templo érguese o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo "A Devesana", local sufragado polos emigrantes en Cuba naturais desta parroquia, que no ano 1908 constituíran na Habana unha sociedade con este mesmo nome. Os seus fundadores, todos eles obreiros tabaqueiros, co obxecto de facilitar a instrución dos socios e familiares, inauguraron en 1912 a Escola Laica de Devesos, seguindo os postulados da Escuela Moderna do anarquista Francesc Ferrer i Guàrdia. A escola foi suspendida polo gobernador civil durante a ditadura de Primo de Rivera pola súa relación con asociacións libertarias, pero fundamentalmente pola hostilidade que os seus principios anticlericais suscitaran no cura párroco de Devesos. Despois disto a Devesana sufriu diversos avatares e actualmente acolle o centro social da parroquia.

No lugar de Portas ao que se chega por unha pista que sae do Igrexario e que vai até Penavide, atópase a medio camiño un desvío que nos leva por un camiño até a pequena ermida de Nosa Señora de Portas, moi concorrida en romaxe noutros tempos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Devesos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Devesos no concello coruñés de Ortigueira

O Aciveiro | Altamira | O Barcón | O Barral | As Bouzas | Bustelo | A Cabana | As Cabanas | O Cabradoiro | Os Calvarios | O Camiño Grande | O Carballal | Os Carballás | O Carrachal | Os Carrís | A Casanova | O Casón | O Castro | O Chao Cativo | O Chao do Souto | As Cortiñas | O Coto de Abaixo | O Coto de Arriba | O Cotón | O Cotorelo | O Couce das Taugas | O Couce Mosquento | O Couce | As Cruces | A Cruz do Coto | Os Destros | A Dorna | Ervellaqueira | Espilla | A Fieira de Abaixo | A Fieira de Arriba | A Fieira do Medio | As Forcadas | Gabián | A Gaiva | A Galiñeira | Gocende de Abaixo | Gocende de Ariba | O Igrexario | Latidal de Abaixo | Latidal de Arriba | O Lombao | O Lombo do Coitelo | O Malló | O Mexadeiro | Monteagudo | Paufito | Pedre | O Pegueiro | Penavide | A Picheira | Pontellas | Portas | Reboredo | O Rego | O Río | Rodela | Seixidal | A Serra | Sibil | Solores | O Teixeiro | O Tesouro | A Torre | Tras da Fonte | A Venda | O Vilar | Xambón

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]