O Mosteiro, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Mosteiro
Igrexa do Mosteiro.jpg
Igrexa de San Xoán do Mosteiro.
Mapa Mosteiro.PNG
ConcelloOrtigueira
Área4,4 km²
Poboación33 hab. (2013)
Densidade7,5 hab./km²
Entidades de poboación16

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Mosteiro está situada no sur da enseada de Ladrido, na marxe esquerda do río Baleo. Limita ao norte coa enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Barbos, e polo leste o río Baleo. A estrada AC- 682 atravesa a parroquia pola beiramar, polos lugares da Queira e Regueira.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial atópase no lugar máis alto da parroquia entre os lugares de Seoane e Espiño, é dunha soa nave, ten campanario na fronte e un cemiterio ao seu carón. Leva moitos anos abandonada e atópase en estado ruinoso, entre eucaliptos. A construción da estrada pola beiramar contribuíu ao desprazamento da poboación dende o alto da parroquia, provocando ese abandono e paulatina transformación en monte.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Mosteiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Mosteiro no concello coruñés de Ortigueira

O Campo | O Carrexo | O Casón | A Catuxa | O Coto | Enxertos | O Espiño | A Felgueira | Landín | O Mosteiro | Nicolao | Nóitegos | A Pallarega | A Pontevella | O Pousadoiro | A Queira | A Regueira | O Romanchón | Seoane | A Venda |

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]