Stadium Metropolitano de Madrid
| Stadium Metropolitano de Madrid | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Madrid | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Conservación
| |||||||
|
Deporte
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Ocupante
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Stadium Metropolitano de Madrid foi un estadio da cidade de Madrid, España, que albergou os partidos do Club Atlético de Madrid ata 1966, cando se inaugurou o Estadio Vicente Calderón.
Historia
[editar | editar a fonte]O Stadium Metropolitano foi un estadio de fútbol, construído a inicios da década de 1920 e inaugurado o 13 de maio de 1923, durante o mandato de Julián Ruete como presidente do Atlético de Madrid, sendo inicialmente o club colchonero arrendatario e compartíndoo con outros equipos da capital, como a Gimnástica ou o Racing Club de Madrid.
Foi construído como parte da urbanización Colonia del Metropolitano, que fora promovida pola división inmobiliaria do que hoxe en día é Metro de Madrid, de aí o seu nome. Situábase preto da actual rúa Reina Victoria, no que hoxe é a Plaza de la Ciudad de Viena, entre as rúas Beatriz de Bobadilla, Santiago Rusiñol e o Paseo de Juan XXIII.[1]
Durante a Guerra Civil Española o estadio quedou practicamente esnaquizado, do mesmo xeito que todo o barrio onde se atopaba, polos efectos dos combates realizados na fronte de batalla situado na próxima Cidade Universitaria. Trala contenda, o Metropolitano foi reconstruído, nunha actuación dirixida polo arquitecto Javier Barroso (dianteiro, medio e porteiro do primeiro equipo do Atlético de Madrid na década de 1920 e posteriormente presidente do club entre 1955 e 1964).
O 21 de febreiro de 1943 o Atlético, baixo a presidencia de Juan Touzón retorna ao seu antigo estadio, que é reinaugurado cun encontro fronte á Real Sociedad. O equipo local venceu por 2 a 1. O primeiro gol foi marcado polo atlético Monchín Triana.
Ese mesmo ano, o Metropolitano acolleu a final da Copa de España (entón Copa do Xeneralísimo). Disputouse o 20 de xuño e nela venceu o Athletic de Bilbao ao Real Madrid por un gol a cero.
O 15 de abril de 1950, o Atlético asinou a acta de compra do estadio, que pertenceu ata devandita data á Sociedade Stadium, de irmáns Otamendi.
Unha vez que en 1966 o Atlético de Madrid consumou o traslado ao seu novo estadio xunto ao río Manzanares (posteriormente chamado Vicente Calderón), o Metropolitano foi demolido e substituído por edificios de vivendas e oficinas.
Partidos internacionais
[editar | editar a fonte]A Selección española disputou un total de tres partidos como local no Metropolitano, todos eles amigábeis:
| Data | Equipo | Resultado | Equipo |
|---|---|---|---|
| 10/05/1929 | 4-3 | ||
| 19/01/1936 | 4-5 | ||
| 23/06/1946 | 0-1 |
