Manuel Moriche Mostajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manolo Moriche
Información persoal
Nome completo Manuel Moriche Mostajo
Nacemento 6 de agosto de 1950 (73 anos)
Lugar Zaragoza, España
Posición Apertura
Carreira sénior
Anos Equipos
1968-1973 C.R. El Salvador
1973-1978 C.D. Arquitectura
1974 Veterinaria Zaragoza
1978-1980 F.C. Barcelona
1980-1983 C.D. Arquitectura
Selección nacional
1970-1983 España 59 caps

Manuel Moriche Mostajo, nado o 6 de agosto de 1950 en Zaragoza, é un ex xogador de rugby internacional 59 veces coa selección española entre 1970 e 1983. Xogaba na posición de apertura e foi considerado o mellor xogador nacional da década dos 70s.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou en Valladolid e foi adestrado no Colexio El Salvador polo cura francés George Bernès, introductor do rugby na capital castelá nos anos 60s. Co equipo de El Salvador disputou tres tempadas na Liga Nacional acadando dous subcampionatos e un terceiro posto. Cando a dirección do colexio renunciou á súa licenza deportiva cedéndolla ó CDU Valladolid, Moriche mudouse a Madrid para xogar no Club Deportivo Arquitectura, equipo co cal gañou cinco ligas e dúas copas. En 1974 xogou un tempo no equipo de Veterinaria de Zaragoza da segunda división, por mor do servizo militar. En 1978 deixou Madrid para xogar dúas tempadas no Futbol Club Barcelona, volvendo ó Arquitectura en 1980. Foi o cerebro do mellor equipo do panorama nacional e da selección durante anos, e no momento da súa retirada era o xogador español con máis encontros disputados da historia.

Na actualidade Manolo Moriche é máis coñecido pola súa faceta periodística xa que leva anos comentando encontros de rugby en Canal+ e Movistar+.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]