Santiago Santos Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Santiago Santos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santi Santos
Información persoal
Nome completo Santiago Santos Muñoz
Nacemento 11 de outubro de 1961 (57 anos)
Lugar Madrid, España
Posición Pilier
Carreira sénior
Anos Equipos
1979-1984 España Canoe N.C.
1984-???? España C.R. Liceo Francés
Selección nacional
1980-1992 España España 45 caps

Santiago Santos Muñoz, nado o 11 de outubro de 1961 en Madrid, é un ex xogador de rugby, internacional 45 veces coa selección española entre 1980 e 1992. Xogaba na primeira liña. Dende o ano 2013 exerce como seleccionador nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Santos debutou no Canoe con 18 anos. En 1984 houbo unha desbandada de xogadores que deixaron o club e marcharon ó Liceo Francés, no que xogou o resto da súa carreira, inicialmente na segunda división, e finalmente na máxima categoría. Aquel equipo do Liceo foi subcampión de liga en 1990/91 e 1992/93, e subcampión de copa na 1988/89. Trala súa retirada como xogador comezou a súa carreira como adestrador, que exerceu no Liceo, no M.A.R.U. e no Cisneros. Na tempada 2001/02 dirixiu ó M.A.R.U. na conquista do título de liga. En 2013 foi elixido seleccionador nacional.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión en Alcalá de Henares, é curmán do ex futbolista Emilio Butragueño Santos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]