Copa do Mundo de Rugby 1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa do Mundo de Rugby 1999 (IRB 1999 Rugby World Cup en inglés) foi a IV Copa do Mundo de Rugby da World Rugby. A sede foi Gales: a cerimonia de apertura, o primeiro partido e a final tivo lugar en Cardiff, aínda que a maioría dos encontros disputáronse nas outras nacións do Reino Unido, Francia e Irlanda. Tamén foi a primeira edición que se desenvolveu no profesionalismo.

Gales, o equipo anfitrión foi clasificado automaticamente, do mesmo xeito que só os tres mellores equipos da Copa Mundial anterior; os campións (Suráfrica), o subcampión (Nova Zelandia), e o terceiro posto (Francia). As outras 16 nacións dun total de 63, deberon clasificarse nas eliminatorias rexionais.

O torneo expandiuse a 20 equipos (de 16), dividido en cinco grupos de catro equipos, escenario que fixo necesario un play-off de cuartos de final que implica unha rolda cos cinco finalistas e o mellor equipo terceiro clasificado, para decidir quen se uniría aos gañadores de grupo nos cuartos de final. Foi a única vez que se usou o play-off en dita clasificación mundialista.

O campionato foi gañado por Australia que levantou a Copa Webb Ellis por segunda vez, ao derrotar na final ós Lles Blues por 35 a 12, demostrando a superioridade do hemisferio sur no deporte, sendo o primeiro en gañar dúas veces e a única en gañar o torneo clasificándose desde eliminatorias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Edicións da Copa do Mundo de Rugby
1987 - 1991 - 1995 - 1999 - 2003 - 2007 - 2011 - 2015 - 2019 - 2023

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.