Saltar ao contido

Álvar Enciso Fernández Valderrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvar Enciso Fernández Valderrama
Biografía
Nacemento(es) Álvar Enciso Fernandez-Valderrama Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor en Wikidata
Deporterugby Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–2006 Selección de rugby de España

Álvar Enciso Fernández Valderrama, nado o 27 de febreiro de 1974 en Valladolid, é un ex xogador de rugby, internacional 70 veces coa selección española entre 1993 e 2006. Xogaba na posición de centro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Álvar Enciso foi un xogador dun só club. Formado na canteira do Club de Rugby El Salvador dende os 10 anos, botou toda a súa carreira no equipo até a súa retirada en 2007, acadando catro títulos de liga e cinco títulos de copa entre outros trofeos. Durante oito anos foi o capitán do El Salvador. Debutou na selección con 18 anos de idade e en 1999 participou no único mundial que xogou España. Foi internacional absoluto 70 veces entre 1993 e 2006, e tamén xogou na selección de rugby a sete entre 1995 e 2001.

Datos persoais

[editar | editar a fonte]

Fillo da atleta Pilar Fernández Valderrama, practicou atletismo na súa infancia. É arquitecto de profesión e ten catro fillos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]