European Nations Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A European Nations Cup ou ENC (chamada popularmente 6 Nacións B), é un torneo bianual entre seleccións de rugby de Europa. Considerando que o Torneo das Seis Nacións é o campionato europeo de primeira división, o European Nacions Cup sería o campionato europeo de segunda división.

As 35 seleccións europeas de rugby participantes no torneo están organizadas en 7 divisións de 5 ou 6 equipos cada unha, existindo ascensos e descensos entre cada división e a seguinte. As 6 mellores seleccións disputan a División 1A, da que sae o campión oficial do campionato. Actualmente Xeorxia, Romanía, España, Rusia, Portugal e Bélxica compiten na máxima categoría.

Formato[editar | editar a fonte]

Cada edición do torneo dura 2 anos. O formato consiste nunha liguiña de todos fronte a todos, dividida en dúas voltas. Cada ano dispútase unha volta, coincidindo as datas dos 5 encontros coas datas do Torneo das Seis Nacións, e dicir, entre os meses de febreiro e marzo do primeiro ano dispútase a primeira volta, e entre os meses de febreiro e marzo do segundo ano dispútase a segunda volta. O primeiro clasificado da liguiña resulta campión, e o último clasificado descende de categoría.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Este foi o resultado das últimas edicións disputadas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]