Savannah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Savannah
Savannahcity.jpg
Savannah
Localización
Savannah en Estados Unidos
Savannah
Savannah
Savannah en Xeorxia, Estados Unidos de América
Savannah
Savannah
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado dos EUA Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Xeografía
Altitude 15 msnm
Superficie 281.5 km² km²
Demografía
Poboación 142,022 (2012)
Densidade 510.1/km²
Outros datos
Código postal 31401-31499
Alcalde Edna Branch Jackson
SavannahGA.gov

Savannah é unha cidade do estado de Xeorxia, sede do condado de Chatham, a beiras do océano Atlántico, xunto á desembocadura do río Savannah. Fundada no século XVIII, é a terceira cidade do estado de Xeorxia por número de habitantes, sendo o máis importante porto marítimo do estado.[1]

Segundo o censo de poboación do ano 2012, ten 142,022 habitantes, que chegan ata os 361,941 para a súa área metropolitana. É coñecida por ser a cidade máis "enfeitizada" dos Estados Unidos, con máis de 80 cemiterios e preto de 50 edificios encantados onde se datan fenómenos paranormais, que chama a atención de quen visite a cidade.

Clima[editar | editar a fonte]

Savannah posúe un clima subtropical, aínda que dulcificado en razón da súa proximidade ao océano Atlántico. As temperaturas medias, para o período de 1961-1990, son de 9,4 °C en xaneiro e de 27 °C en xullo. A media de choiva anual é duns 130 cm ao ano, caída especialmente en xullo e agosto, sendo os meses máis secos os de outubro e novembro.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Savannah é a máis antiga do estado de Xeorxia, fundada polo xeneral James Edward Oglethorpe o 12 de febreiro de 1733 como parte da Colonización escocesa de América con 120 pasaxeiros, ingleses e escoceses, transportados ata o lugar polo buque Anne.[3] A colonia viuse reforzada en xullo dese mesmo ano coa chegada dalgunhas familias xudías de orixe portugués e español, cuxos devanceiros fuxiran da persecución a que lle someteu a Inquisición española.[3]

Cara a mediados do século XIX a cidade creceu coa achega dun importante continxente de inmigración procedente de Irlanda, que se engadiu a unha pequena achega de inmigrantes franceses chegados cara a principios dese mesmo século. Por todo iso, Savannah segue sendo incluso hoxe en día unha das cidades máis diversificadas e cosmopolitas do sur dos Estados Unidos.

Dise que a cidade de Savannah é a primeira dos Estados Unidos que se construíu seguindo un estudo de planificación urbanística previo, deseñado polo propio Oglethorpe, quen concibiu un plano con rúas perpendiculares, deixando libres con regularidade espazos para parques públicos e para 24 prazas, das cales 21 subsisten hoxe en día.

Durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, a cidade de Savannah foi, entre os anos 1776 e 1777, sede da primeira Convención e polo tanto do Poder Lexislativo estatal, e onde se adoptou en 1777 a primeira Constitución do estado de Xeorxia.[4]

Durante a Guerra de Secesión, a cidade de Savannah evitou as destrucións causadas polo Exército federal no seu avance cara ao sur, pero a guerra supuxo o inicio do seu declive.[5] Con todo, a cidade foi a última etapa do avance das tropas do xeneral nordista William Tecumseh Sherman na súa Marcha cara ao sur a través do estado de Xeorxia. Durante a guerra, fora un activo centro da Mariña de Guerra dos Estados Confederados de América, desde o que se intentou romper o bloqueo naval a que se enfrontaban os sublevados.[5]

Economía[editar | editar a fonte]

River Street, en Savannah.

Savannah ten establecementos da industria téxtil, do calzado, da industria química, industria pesqueira e industria alimentaria. É tamén un importante centro comercial.

Doutra banda, en función dos seus atractivos culturais, é un atractivo centro turístico no estado de Xeorxia, especialmente en época invernal.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Savannah é centro dunha ampla rede de comunicacións, sexa por estrada ou por ferrocarril, ademais de posuír un dos portos máis importantes do sur dos Estados Unidos, que ocupa uns 13 km de beira ao paso do río Savannah pola cidade.

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

Anderson Hall, Savannah College of Art and Design.
Sinagoga Mickve Israel.

Frecuentemente cítase a Savannah na prensa europea como a unha das cidades máis fermosas dos Estados Unidos.[6] As súas 24 prazas ornamentadas con estatuas e fontes, con árbores de elevado porte plantados nas mesmas dan un aspecto especial á cidade, que se complementa coa supervivencia de numerosas vivendas anteriores á Guerra de Secesión. É pois unha das cidades máis típicas do Vello Sur (Deep South) de Estados Unidos de América.

No centro da cidade, fuertemente envorcado cara ao turismo, consérvase un cemiterio colonial, así como a Catedral de Savannah, consagrada a San Juan Bautista, fundada en 1802 por franceses escapados de Haití.

Cabo destacar igualmente a sinagoga Mickvé Israel, construída na década de 1870 nun estilo de imitación da arquitectura gótica. Hai que ter en conta que a presenza xudía na cidade, unha das máis antigas dos Estados Unidos, remóntase á mesma fundación da cidade no século XVIII.

Savannah conta igualmente con diversas universidades, a saber: unha escola privada de Belas Artes, a Savannah College of Art and Design, e dúas universidades públicas xestionadas polo Estado de Xeorxia, a Armstrong Atlantic State University e a Savannah State University (esta última era historicamente un centro universitario para estudantes de raza negra, pero que pasou a ser un centro integrado racialmente nos anos 1960.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Savannah ten catro cidades irmandadas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Savannah", in The Concise Columbia Encyclopedia (Columbia University Press, 1994), p. 779.
  2. "USDA Plant Hardiness Zone Map". 
  3. 3,0 3,1 Modelo:New Georgia Encyclopedia
  4. [1]
  5. 5,0 5,1 Jacqueline Jones, Saving Savannah: The City and the Civil War (New York: Alfred Knopf, 2008), 206.
  6. "Squares of Savannah". Consultado o 2009-07-15. 
  7. "Batumi - Twin Towns & Sister Cities". Batumi City Hall. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 2013-08-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]