William Tecumseh Sherman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Tecumseh Sherman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1820 Editar o valor em Wikidata
John Sherman Birthplace, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 1891 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
25 de marzo de 1878 – 25 de marzo de 1885
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
2 de febreiro de 1871 – 1874
Secretário da Guerra dos Estados Unidos (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , banqueiro , avogado , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1840 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade do Estado da Luisiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército da União (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil estadounidense Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeEleanor Boyle Ewing Sherman
FillosEleanor Sherman Thackara (en) Traducir, Thomas Ewing Sherman (pt) Traducir, William Tecumseh Sherman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCharles Robert Sherman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Hoyt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharles Taylor Sherman (pt) Traducir, Hoyt Sherman (en) Traducir e John Sherman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Sherman-393 Find a Grave: 951 Editar o valor em Wikidata
Maior Xeneral William T. Sherman.

William Tecumseh Sherman, nado en Lancaster (Ohio) o 8 de febreiro de 1820 e finado en Nova York o 14 de febreiro de 1891, foi un militar, educador e escritor estadounidense. A súa celebridade deriva da súa participación co rango de xeneral na guerra civil dos Estados Unidos (1861-1865), onde recibiu tanto eloxios pola súa eficiente utilización da estratexia militar, como tamén fortes críticas pola súa implacable política de "terra arrasada" que utilizou na chamada guerra total contra o inimigo. Esta política mereceulle o cualificativo, por parte dalgúns autores, de "o primeiro xeneral moderno"[1]

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Sherman serviu baixo as ordes do xeneral Ulysses S. Grant en 1862 e 1863 durante as campañas que conduciron á caída da fortaleza confederada de Vicksburg nas proximidades do río Mississippi e que culminaron coa expulsión das tropas confederadas do estado de Tennessee. En 1864, Sherman sucedeu a Grant como comandante das forzas da Unión no teatro occidental de operacións. Alí liderou ás súas tropas na captura da cidade de Atlanta, un éxito militar que contribuíu decisivamente para a reelección do presidente Abraham Lincoln en 1864, sobre o seu contendente o ex xeneral George McClellan. A posterior marcha de Sherman a través de Xeorxia e as Carolinas deteriorou aínda máis a capacidade da Confederación para continuar a loita. Sherman aceptou a rendición de todos os exércitos confederados das Carolinas, Xeorxia e Florida en abril de 1865. Logo da guerra civil, Sherman foi nomeado comandante xeneral do exército (1869-1883) e como tal correspondeulle a condución das guerras indias no oeste dos Estados Unidos. Negouse tenazmente a participar en política e en 1875 publicou as súas memorias, unha das fontes de primeira man sobre a guerra civil máis coñecidas.

Estratego[editar | editar a fonte]

Sherman e o seu estado maior, nunha fotografía de Mathew Brady

O historial do xeneral Sherman como táctico é diverso, e o seu legado militar reside principalmente no seu control da loxística e na súa brillantez como estratego. O influente historiador e teórico militar británico do século XX Basil Liddell Hart, catalogou a Sherman como un dos máis importantes estrategas nos anais da guerra de todos os tempos, á altura de Escipión o Africano, Belisario, Napoleón Bonaparte, Lawrece de Arabia e Erwin Rommel. Liddell Hart recoñeceu en Sherman un mestre da guerra de manobras (tamén coñecida como o "enfoque indirecto"), tal como demostrouno pola súa serie de movementos de avance e retroceso contra o xeneral Johnston durante a campaña de Atlanta. Liddell Hart tamén afirmou que o estudo das campañas de Sherman contribuíu significativamente na súa propia obra "Teoría da Estratexia e Tácticas na Guerra Mecanizada", que á súa vez influíu na doutrina da Blitzkrieg de Heinz Guderian e na utilización dos tanques por Rommel na segunda guerra mundial.[2]

A maior contribución de Sherman á guerra, a estratexia de guerra total, apoiada polo xeneral Grant e polo presidente Lincoln, foi obxecto de gran controversia. O mesmo Sherman minimizaba o seu propio rol na cuestión dicindo a miúdo que o só estaba obedecendo as ordes que tiña segundo o seu mellor entender, co fin de cumprir coa súa parte no plan mestre de Grant para terminar coa guerra.

Sherman e a Guerra Total[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que Grant, Sherman estaba convencido que a capacidade estratéxica, económica e psicolóxica da Confederación para soster a guerra, tiña que ser definitivamente destruída para que a loita chegase ao seu fin. Deste xeito, pensaba que a Unión tiña que conducir a campaña como unha guerra de conquista e empregar tácticas de terra arrasada para crebar a columna dorsal da Confederación.

O avance de Sherman a través de Xeorxia e Carolina do Sur caracterizouse pola destrución xeneralizada de subministracións civís e infraestrutura, unido algunhas veces a accións de saqueo, que aínda que estaban oficialmente prohibidas, existen desacordos sobre que tanto existía a vontade para facer cumprir esta disposición[3]. A velocidade e eficiencia da destrución causada polas forzas de Sherman é destacable. A práctica de dobrar carrís do ferrocarril ao redor de árbores deixando tras de si as famosas gravatas de Sherman, facía as reparacións moi difíciles para a Confederación. Acusacións de que se atacou a brancos civís e de que se cometeron crimes de guerra na marcha, fixeron de Sherman unha figura controvertida ata o día de hoxe, particularmente no Sur.

O dano causado por Sherman estivo limitado case exclusivamente á destrución da propiedade. Aínda que non hai cifras exactas dispoñibles, a perda de vidas humanas parece ser moi pequena[4]. A destrución de víveres e infraestrutura, en conxunto coa diminución da moral do inimigo, eran os obxectivos sinalados explicitamente por Sherman, o que foi comentado polos seus contemporáneos. Así, o maior Henry Hitchcock, oriúndo de Alabama, pero que servía no comando de Sherman, declarou respecto diso que "é unha cousa terrible destruír os bens e o sustento de miles de persoas, pero que se a estratexia de terra arrasada funciona para a acción de paralizar aos seus esposos e pais que están pelexando, entón é unha cousa boa ao final".[5]

A severidade dos actos de destrución polas tropas da Unión foi significativamente maior en Carolina do Sur que en Xeorxia ou Carolina do Norte. Isto parece ter como orixe a animosidade entre os soldados nordistas e os seus oficiais contra o estado que eles sinalaban como "o tobo da rebelión"[6]. Unha das acusacións máis serias contra Sherman é o permitir o incendio da cidade de Columbia polos seus soldados. O historiador James M. McPherson, di, con todo, respecto diso: "O estudio máis completo e desapaixonado desta controversia, permite culpar a ambos os bandos en distintas proporcións, incluíndo ás autoridades confederadas, pola desorde que caracterizou a evacuación de Columbia, deixando centos de fatos de algodón nas rúas (algúns queimándose) e enormes cantidades de licor sen destruír... Sherman non incendiou deliberadamente Columbia; a maioría dos soldados da Unión, incluíndo ao propio xeneral, traballaron durante a noite apagando os incendios".[7]

Avaliación actual[editar | editar a fonte]

Logo da caída de Atlanta en 1864, Sherman ordenou a evacuación da cidade. Cando o consello dela apelou ao xeneral para que rescindise a orde sobre a base de que causaría graves penurias a mulleres, anciáns, nenos e a persoas que non tiñan responsabilidade na condución da guerra, Sherman enviou unha resposta en que xustificaba a súa accionar no convencemento de que unha paz duradeira só sería posible coa restauración da Unión, e dese modo, el estaba resolto a facer todo o necesario e que estivese ao seu alcance para esmagar a rebelión:

Vostedes non poden cualificar a guerra en termos máis duros do que eu farei. A guerra é crueldade, e vostedes non a poden civilizar; e aqueles que levaron a guerra ao noso país merecen todas as maldicións e condenas que a xente poida verter sobre eles.

(...) Se os Estados Unidos permiten unha división agora, isto non parará e seguirá ata que cheguemos ao mesmo destino de México, que é guerra eterna.

(...) Quero a paz, e creo que só se pode alcanzar a través da unión e da guerra e conducirei sempre a guerra co propósito dun éxito temperán e perfecto[8].

Aínda que hai quen pensa que Sherman é o predecesor da inhumanidade das guerras en grande escala do século XX, outros pensan que en comparación con outros conflitos, como a guerra anglo-bóer (1899-1902) onde os civís foron obxectivos militares debido ao seu rol de sustentadores da resistencia armada, o historiador Hermann Giliomee declara que Sherman emerxe como un comandante que "logrou un mellor balance entre severidade e contención que os oficiais británicos ao tomar accións proporcionais ás necesidades lexítimas da guerra"[9], e é visto como o precursor dunha forma de guerra que está acorde coas esixencias dos conflitos armados modernos, e que no seu caso foron efectivas e xustas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liddell Hart, p. 430
  2. Liddell Hart, foreword to the Indiana University Press's edition of Sherman's Memoirs (1957). Quoted in Wilson, p. 179
  3. Ver, por exemplo, Grimsley, pp. 190–204; McPherson, pp. 712–714, 727–729.
  4. Ver, por exemplo, Grimsley, p. 199
  5. Hitchcock, p. 125
  6. Ver, por exemplo, Grimsley, pp. 200–202
  7. McPherson, pp. 728–729
  8. Texto da carta do maior xeneral William T. Sherman, ó alcalde e Concello da cidade de Atlanta, 12 de setembro de 1864
  9. Giliomee, p. 253

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Liddell Hart, Basil Henry, Sherman: Soldier, Realist, American, Dodd, Mead & Co., 1929. Reprinted in 1993 by Da Capo Press, ISBN 0-306-80507-3.
  • Grimsley, Mark, The Hard Hand of War: Union Military Policy toward Southern Civilians, 1861–1865, Cambridge University Press, 1997, ISBN 0-521-59941-5.
  • McPherson, James M., Battle Cry of Freedom: The Civil War Era, illustrated ed., Oxford University Press, 2003, ISBN 0-19-515901-2.
  • Hitchcock, Henry, Marching with Sherman: Passages from the Letters and Campaign Diaries of Henry Hitchcock, Major and Assistant Adjutant General of Volunteers, November 1864 – May 1865, ed. M.A. DeWolfe Howe, Yale University Press, 1927. Reimpreso en 1995 por University of Nebraska Press, ISBN 0-8032-7276-6.
  • Giliomee, Hermann, The Afrikaners: Biography of a People, University Press of Virginia, 2003, ISBN 0-8139-2237-2.