Lenda do Lago de Seabra
A lenda do Lago de Seabra é unha narración española, orixinaria da zamorana, da bisbarra de Seabra, que nos conta como xurdiu o lago de Seabra.
As condicións naturais, económicas e sociais da bisbarra de Seabra, onde predomina a existencia de aldeas e lugares illados, espallados e pobres constituíron un caldo de cultivo abondo para desenvolver a imaxinación popular, de forma que, ante a falta de explicacións lóxicas a determinados fenómenos e feitos, se lles deu unha resposta con narracións a metade de camiño entre o mito e a tradición, entre o conto e a realidade, alimentando as súas dúbidas con lendas e crenzas populares. Pódese dicir polo tanto que Seabra é terra supersticiosa de lendas e historias fantásticas, onde as " meigas", os conxuros, o mal de ollo e o "lobo" teñen un papel protagonista.
Lenda
[editar | editar a fonte]Unha das lendas máis famosas, quizais por ser premonitoria da catástrofe acontecida en Ribadelago, é a que narra a orixe do Lago de Seabra. Contan que un bo día chegou á aldea de Villaverde de Lucerna un peregrino pedindo esmola, e que ninguén o atendeu, salvo unhas mulleres que estaban a cocer pan no forno desta aldea. Estas apiadáronse del, e deixárolle entrar na sala do forno para que puidese gorecerse do intenso frío e saciar a súa fame con algo máis de masa, que puxeron no forno. A masa que introduciron no forno creceu tanto que finalmente o pan saíu por fóra do forno e, as mulleres, sorprendidas ante este feito, escoitaron de boca do peregrino, que resultou ser Xesucristo, o castigo que ía implantar á aldea ante a súa falta de caridade: inundaría a aldea, polo que debían de fuxir das súas casas para refuxiarse no monte. Seguidamente o home cravou o seu bastón no chan dicindo:
|
A auga xermolou a cachón anegando a aldea de Villaverde, salvándose das augas tan só o forno, que conforma hoxe en día a pequena illa que hai no Lago de Seabra.
Segue contando a lenda que os veciños dos arredores quixeron sacar as dúas campás da igrexa afundida, empregando para iso dous xatos que estivesen ben alimentados. Porén, a un deles muxírao nai e non puidera mamar, derramándose parte do leite muxido polo lombo do animal. Este finalmente non puido sacar a campá do fondo do Lago de Seabra e o ben alimentado dicíalle:
|
A campá que se afundía dicíalle á outra que saía::
|
E esta é a campá que os homes de ben poden oír repicar dende o fondo das augas a noite da festividade de San Xoán.[1]
Orixes da lenda
[editar | editar a fonte]En realidade, a orixe da lenda pode buscarse no ano 1109, cando un monxe da rexión francesa de Poitou chamado Aymeric Picaud, iniciou unha viaxe co obxectivo de acompañar ao pontífice Calixto, Guido de Bourgogne, na peregrinación que este ía realizar a Santiago de Compostela. Ao rematar a viaxe, o monxe Aymeric escribiu un manuscrito no que narraba as vicisitudes da viaxe e que denominou o Liber Sancti Iacobi. O libro fíxose famoso e foi coñecido en toda Europa co nome de Codex Calixtinus, e pasou a converterse nunha sorte de guía para viaxeiros a Compostela durante a Idade Media.
No cuarto libro do Códice, coñecido como o Pseudo Turpín (xa que Picaud atribuíu a súa autoría a Turpín, bispo de Reims no século VIII), cóntanse as lendarias fazañas de Carlomagno en Hispania. Alí dise que o Emperador someteu máis de cen cidades na península, das que só tres opuxeron unha feroz resistencia,de xeito que Carlomagno non só as destruíu ao conquistalas, senón que as maldiciu, para que quedasen para sempre reducidas a ruínas. Dúas destas tres cidades, Capparria (parece ser que a actual Ventas de Caparra, na provincia de Cáceres) e Adania (parece ser que Idanha A Vella, en Portugal), xa estaban en ruínas cando Picaud compuxo o texto; non obstante é a terceira, Lucerna Ventosa, a que máis interesa xa que é a que acabará dando o nome á cidade lendaria mergullada no Lago de Seabra.
Segundo a historia que se narra no Pseudo Turpín, cando o Emperador prega a Deus para que lle entregue a cidade, os muros de Lucerna caen e do chan empeza a xermolar un sucio chafariz de auga que asolaga a cidade, convertendo o lugar nun estanque de augas sucias nas que nadan grandes peixes negros. Non sabemos ben nin onde se encontraba aquela lendaria cidade, nin en que situación estaba a pensar Picaud cando escribiu o texto. Na actualidade, existe un acordo entre os autores que máis estudaron a obra de Picaud en considerar que a cidade estaba situada na terra do Bierzo, na actual provincia de León, no camiño de Santiago. Segundo esta hipótese, o lago da lenda é o lago de Carucedo, orixinado preto das minas romanas das Médulas, lago que se tería formado trala destrución de Lucerna, que se identifica co Castro de Ventosa. Ata aquí, a lenda ligada ao camiño de Santiago.
Picaud puido poñerlle o nome de Lucerna á aldea pola localidade suíza do mesmo nome. Trátase dunha cidade que na Idade Media se identificaba como morada do corpo de Poncio Pilatos, o gobernador romano de Xudea que non fixo nada por evitar a morte de Cristo. Na Idade Media unha lenda aseguraba que esta Lucerna era en realidade unha cidade nova que se edificara xunto a un lago no que se achaba unha cidade mergullada e destruída por Carlomagno ao negarse a renderse. Probablemente Picaud, o noso monxe, coñecía a lenda de Lucerna suíza e transcribiuna para a súa obra referida á Península Ibérica.
O paso que faltaba por dar, é dicir, a chegada de Lucerna a Seabra, está relacionado coa comunicación que houbo sen dúbida entre os monxes cistercienses do Mosteiro de Carracedo, fundado no século X, e ao que pertencía o Lago de Carucedo, cos monxes, tamén cistercienses, do Mosteiro de San Martín de Castañeda, donos do lago de Seabra. Nalgún momento, algún dos monxes levou a historia dun lago a outro. E se alí, no lago berciano, se falaba dunha maldición, aquí a historia cobraba un matiz relixioso ao asegurarse que foi Deus, en forma de peregrino, quen destruíu a aldea ante a avaricia e falta de caridade dos seus veciños.
Unamuno e Valverde de Lucerna
[editar | editar a fonte]A medieval e bela lenda tecida arredor do lago de Seabra, foi elevada á categoría de literaria na novela que Miguel de Unamuno titulou San Manuel Bueno, mártir (1930), e na que o catedrático da Universidade de Salamanca escribiu convertendo o nome da xa de por si lendaria aldea en Valverde de Lucerna:[2]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SALVADOR PAZOS, Pedro; Lago de Sanabria; ISBN 84-89183-03-1
- ↑ ""A lenda do lago" por José Miguel Lorenzo Arribas". cervantes.es. Consultado o 29 de marzo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anguita Jaén, José María: "El Pseudo-Turpín y la leyenda de Lucerna: de los Alpes al Lago de Sanabria", en Iacobus: revista de estudios jacobeos y medievales, ISSN 1137-2397, Nº 15-16, 2003 , pags. 75-98