Mosteiro de San Martín de Castañeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Mosteiro San Martín de Castañeda é un monumento histórico-artístico nacional dende 1931 que se encontra situado na localidade de San Martín de Castañeda do municipio de Galende, na bisbarra de Seabra, provincia de provincia de Zamora (España). Como monumento artístico é un exquisito exemplo do románico zamorano.

No concello de Galende, na faldra dun monte que domina a beira setentrional do lago Seabra, áchase a aldea de San Martín de Castañeda, nacida á sombra do mosteiro do seu nome e do que M. Gómez Moreno dixo:

"Dificilmente poderá verse mosteiro plantado en sitio máis ateigado de fermosura ca este: a media aba dunha serra, cara ao sol, entre hortas, pradarías e bosques e tendo aos seus pés o Lago Seabra, que ben podería rivalizar en fama e rendementos cos de Italia... " .
Vista entrada do mosteiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O mosteiro de San Martín de Castañeda crese de orixe visigodo e suponse foi destruído polos musulmáns.

Século X
Ábsida do mosteiro

No ano 916, segundo Gómez Moreno, ou no 897, segundo Miguel Fernández de Prada, o mosteiro é restaurado, ao parecer, polo abade Martín e un grupo de monxes mozárabes procedentes de San Cebrián de Mazote (Valladolid) e que trasládaronse a este lugar fuxindo dunha ferreña seca e dunha peste e buscando probablemente poder subsistir coa explotación das pesqueiras do lago; no 921, sendo abade Juan I, proviente de Córdoba, os monxes levantaron un templo mozárabe no que se supón traballou Viviano, quen tamén debeu traballar en Mazote e en Pañalba. O novo mosteiro aparece documentado por vez primeira no ano 927 ; o documento fai referencia a un preito entre o mosteiro, do que é abade Juan I, e un tal Ronasindo que, con outros compañeiros, se apoderara de parte dos dereitos de pesca e das terras que o cenobio comprara, uns anos antes, a un tal Domnino; o preito resolveuse, na igrexa de San Pedro de Spino (probablemente no actual Valdespino), a favor do mosteiro. No 940, o rei Ramiro II recoñece ao mosteiro a propiedade do lugar e doutras terras lindeiras e aumenta estas coa propiedade da aldea de Vigo, e con terras e vides na bisbarra e en Terra de Campos. No 952, o rei Ordoño III e o seu séquito son hóspedes do mosteiro, e o abade Juan II aproveita a súa estanza para reclamar ao monarca os dereitos de pesca no lago. Pouco despois, reinando aínda Ordoño III, o abade Romano e os seus "gasaliones", pertencentes, probablemente ao mosteiro de San Juan de Ribadelago, apropiáronse de parte das pesqueiras e das terras do mosteiro e o monarca ordenou a súa devolución.

Séculos XII e XIII

No ano 1150, o rei Afonso VII doou o lugar a Pedro Gutiérrez, ou San Pedro Cristiano, monxe do Mosteiro leonés de Carracedo que restaura novamente a vida monacal en Castañeda, baixo a observancia da Regra de San Bento, e converte a Castañeda en filial de Carracedo; anos máis tarde, en 1156, sendo abade Martín IV, Pedro Cristiano, xa bispo de Astorga, defende o dereito dos monxes, de acordo coa regra de San Benito, a elixir o seu abade. Sendo abade Martín IV construíuse o templo actual.

Foron probablemente monxes vidos de Carracedo a Castañeda os que propagaron a lenda de que no lago de Seabra hai unha cidade mergullada chamada Valverde de Lucerna, lenda que por eses anos o autor do " pseudo-Turpin", do libro IV do Códice Calixtino, transplantara dende a Lucerna, en Suíza, ao Bierzo.

Cando en 1203, Carracedo abraza a observancia cisterciense, San Martín de Castañeda négase a abrazar a devandita observancia e nega a obediencia ao abade de Carracedo. Esta situación mantívose ata 1245, data na que a comunidade de Castañeda, co seu abade Viviano á fronte, despois de recordar a súa histórica dependencia de Carracedo, acepta o ingreso no Cister e a dependencia por filiación da súa antiga casa matriz. Para estas datas, as sucesivas doazóns e compras incrementaran notablemente o patrimonio do mosteiro, que chegou a ter o dominio ou a xurisdición sobre máis de 120 localidades repartidas polas bisbarras de Seabra, Valdeorras, Carballeda e A Cabreira e tamén por Portugal.

Séculos XV e XVI
Porta do mosteiro.

As crises políticas e relixiosas do século XV provocaron en Castañeda unha etapa de decadencia que finalizou cando, en 1542, o mosteiro se incorporou á Congregación Reformada de San Bernardo de Castela. De 1557 a 1560 foi abade do mosteiro frei Marcos do Barrio quen de 1551 a 1554 fora xeneral da Congregación e que tamén rexeu o mosteiro da Espiña durante catro mandatos.

Na segunda metade do século XVI construíuse a sancristía e reconstruíuse a portada occidental do templo.

Séculos XVII e XVIII

O abade frei Vicente de Guevara, no século XVII, construíu o cárcere do Abadiazgo no barrio de La Granja En 1737, ao dividirse a citada Congregación en catro provincias, en cumprimento da bula "Quatripartita" do papa Clemente XII, a abadía de San Martín de Castañeda quedou incorporada á provincia de Galicia, á que pertenceu e da que tivo a presidencia ata a supresión do mosteiro e da Congregación.

Na segunda metade do século XVIII construíuse a fachada conventual que forma un ángulo recto coa portada do templo.

Séculos XIX e XX
Fachada traseira do mosteiro.

A Guerra da Independencia e as desamortizacións do primeiro terzo do século XIX privaron ao mosteiro de parte dos seus bens e reduciron notablemente o número de membros da súa comunidade monacal, provocando unha etapa de decadencia que finalizou coa supresión do mosteiro como consecuencia do decreto de exclaustración xeral dos regulares promulgado en 1835; era entón abade do mosteiro frei Manuel Perea.

O templo seguiu aberto ao culto como parroquia que durante os cinco anos seguintes foi atendida polo monxe exclaustrado Xerónimo Mariano Usera, fundador logo das relixiosas do Amor de Deus.

A meirande parte do edificio conventual e os bens do mosteiro foron poxados e pasaron ás mans de particulares; o abandonou provocou a ruína do edificio conventual que tivo que ser derrubado a finais do século XIX e cuxas pedras foron en parte aproveitadas en construcións particulares da vila e dos vilas veciñas Miguel de Unamuno pasou aquí o verán de 1930 e, en 1931, ambientou nel o súa novela "San Manuel Bueno, Mártir," aínda que na novela o lugar recibe o nome de Valverde de Lucerna.

O 3 de xuño de 1931, o mosteiro de San Martín de Castañeda foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional. O 23 de xuño de 1953, o lago de Seabra, co mosteiro de San Martín de Castañeda, foi declarada Paraxe Pintoresca Nacional. Posteriormente, no último terzo do século XX, o lago de Seabra e o seu ámbito foron declarados Parque Natural e o que quedaba en pé dos edificios conventuais do mosteiro, restaurado para ese fin, converteuse no Centro de Interpretación do Parque. O templo tamén foi restaurado e continuou exercendo funcións de parroquia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández de Prada, Miguel (1998). Ediciones Paulinas, ed. EL REAL MONASTERIO DE SAN MARTIN DE CASTAÑEDA. SAN PABLO. p. 527. ISBN 84-285-2132-8. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]