Sammy Mejía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sammy Mejia»)
Sammy Mejía
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1983 (41 anos)
Bronx, Nova York
Nacionalidade República Dominicana
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto Theodore Roosevelt
(Nova York, Nova York)
Storm King School
(Cornwall-on-Hudson, Nova York)
Universidade DePaul (2003–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 57
Por Detroit Pistons
Carreira 2007–2020
Historial de equipos
Fort Wayne Mad Ants (2007–2008)
Orlandina Basket (2008)
AEL 1964 BC (2008–2009)
Cholet Basket (2009–2011)
CSKA Moscova (2011–2012)
Banvit (2012–2015)
Tofaş (2015–2020)

Samuel José Mejía, nado o 7 de febreiro de 1983 en Bronx, Nova York, é un ex xogador de baloncesto dominicano-estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Mejía foi elixido na 57ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Detroit Pistons.[1] O 29 de outubro de 2007, foi cortado polos Pistons.[2] Comezou a tempada 2007-08 cos Ford Wayne Mad Ants da NBA D-League.[3] O 30 de xaneiro de 2008, asinou co Orlandina Basket italiano para o resto da tempada.[4]

Para a tempada 2008-08, Mejía asinou co AEL 1964 BC da A1 Ethniki grega,[5] onde en 20 partidos de liga acadou 14.3 puntos e 3.4 rebotes por encontro.

O 29 de setembro de 2009, Mejía asinou un contrato dun ano co Cholet Basket francés.[6] O 1 de xullo de 2010, renovou o seu contrato co Cholet por unha tempada máis.[7]

O 22 de xuño de 2011, asinou un contrato de dous anos co PBC CSKA Moscova da VTB United League.[8] O 22 de xuño de 2012, deixou o equipo ruso para asinar o día seguinte co Banvit BK turco.[9][10]

O 13 de agosto de 2015, Mejía asinou co Tofaş SK turco.[11]

O 17 de xuño de 2020, Mejía anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]