SYR2: Slaapkamers Met Slagroom
SYR2: Slaapkamers Met Slagroom | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Sonic Youth | |||||
Data de edición: | 2 de setembro de 1997 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | 1997 | ||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 28:30 | ||||
Xénero musical: | noise rock | ||||
Selo discográfico: | SYR | ||||
Producido por: | Sonic Youth | ||||
Cronoloxía | |||||
|
SYR2: Slaapkamers Met Slagroom é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 2 de setembro de 1997. Foi o segundo das series SYR editadas polo propio selo do grupo. SYR2 continúa a tradición da banda de escribir os libretos desta serie en distintas linguas, neste caso en neerlandés.
Un erro na fabricación inicial do vinilo resultou no prensado accidental dalgúns exemplares en negro, descoñecendose o seu número. Unha vez decatados do erro, o resto dos vinilos apareceron en azul claro[1].
Unha versión abreviada da composición instrumental de 17 minutos que abre o EP (con voces de Kim Gordon) aparece no álbum da banda A Thousand Leaves, editado en 1998 co nome "The Ineffable Me". Ademais, unha melodía de "Stil" converteuse no tema "Snare, Girl", tamén aparecido en A Thousand Leaves.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Slaapkamers met slagroom" – 17:39
- "Stil" – 7:25
- "Herinneringen" – 3:26