Saltar ao contido

Río Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Ulla
Imaxe
Pontevea, parroquia de Reis, Teo.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial648 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOlveda Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Arousa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′54″N 7°49′44″O / 42.7151, -7.829
42°38′36″N 8°45′16″O / 42.6433, -8.7545
Afluentes
Características
Dimensións132 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.764 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal79,3 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O hidrónimo Ulla procedería da raíz indoeuropea *wel-, "facecr xirar", "auga que dá voltas", xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia.[1][2]

Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, á que o río lle dá nome. O seu berce é a fonte da Poteira,[3] na parroquia de Olveda (Antas de Ulla).[4] Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km.[5][6] Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [3]. Ten unha conca de 2.764 km²,[5][6] a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Pambre:[3] desemboca no Batán (Palas de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  2. Río Seco:[3] desemboca entre Santo Estevo (Agolada, Pontevedra) e Barazón (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  3. Río Furelos:[3] desemboca na Pontenova (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  4. Río Arnego:[3] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  5. Río Iso:[3] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces, Pontevedra), entre o Picouto (Santiso, A Coruña) e a Igrexa (Arzúa, A Coruña) pola marxe dereita.
  6. Río Preveidiños:[3] desemboca en Besaña (Touro, A Coruña) pola marxe dereita.
  7. Río Deza:[3] desemboca entre Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e Cira (Silleda, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  8. Río Liñares:[3] desemboca na Aldea Grande (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  9. Río Pereiro:[3] desemboca en Agromaior (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  10. Río Vea:[3] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  11. Río de Santa Lucía:[3] desemboca en Pontevea (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  12. Rego Castrelo:[3] desemboca en Herbón (Padrón, A Coruña) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[3]
  13. Río Sar:[3] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[3]
  14. Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.
  15. Rego Fonte do Ouro:[3] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.
  16. Río Valga:[3] desemboca no Pumariño (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[3]
  17. Río Sar:[3] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[3]
  18. Río Louro:[3] desemboca na Carballa (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[3]
  19. Rego de Vigo:[3] desemboca en Vigo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[3]
  20. Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[3]
  21. Rego de Tarrío:[3] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[3]
  22. Rego de Manselle:[3] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[3]
  23. Rego de Imo:[3] desemboca en Imo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[3]
  24. Rego dos Campelos:[3] desemboca preto da Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[3]
  25. Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[3]
  26. Rego de Gondomil:[3] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[3]
  27. Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[3]
  28. Río de Catoira:[3] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[3]
  29. Rego de Freixeiro:[3] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[3]
  30. Rego da Lagartera:[3] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[3]
  31. Rego do Souto da Vila:[3] desemboca en Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[3]
  32. Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  2. Curchin, Leonard A. (2008). "Los topónimos de la Galicia romana: Nuevo estudio". Cuadernos de Estudios Gallegos 55 (121): 109–136. doi:10.3989/ceg.2008.v55.i121.41. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 3,27 3,28 3,29 3,30 3,31 3,32 3,33 3,34 3,35 3,36 3,37 3,38 3,39 3,40 3,41 3,42 3,43 3,44 3,45 3,46 3,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  4. García, J. Horacio (2021). "Onte nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes". Cairón (Instituto de Estudos Ulloáns) (5): 148–165. 
  5. 5,0 5,1 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  6. 6,0 6,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]