Biblos
| (ar) جبيل | ||||
| Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
|---|---|---|---|---|
| Obra | Civilization V | |||
| Situado na entidade xeográfica | Monte Líbano (pt) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Jbeil, Líbano (pt) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 10 m | |||
| Superficie | cidade: 5 km² | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
| Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (vi) | |||
| Identificador | 295 | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | VIII milenio a. C. | |||
| Período | Neolítico | |||
| Sitio web | jbail-byblos.gov.lb | |||

Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut.
A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada[1] (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia.
Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas.
Da antiga Biblos consérvase unha muralla de comezos da Idade de Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A antiga Biblos". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nina Jidéjian, Byblos through the ages, Dar al-Machreq, Beyrouth, 1968
- Jean-Pierre Thiollet, Je m'appelle Byblos, H & D, París, 2005
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
