Atlético Mancha Real
| Atlético Mancha Real | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Atlético Mancha Real | ||
| Alcume(s) | Manchegos Verdes | ||
| Fundación | 1984 | ||
| Estadio | Polideportivo La Juventud, Mancha Real, España | ||
| Capacidade | 1.500 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 3ª - Grupo 9 | ||
| 2016–17 | 18º (2ªB - Grupo 4) | ||
| Na rede | |||
| http://www.atmanchareal.es/ | |||
| |||
O Atlético Mancha Real é un club de fútbol español da localidade de Mancha Real, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1984 e actualmente xoga no grupo 9 da Terceira División Española.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de que se fundase a Atlético Mancha Real no ano 1984, en Mancha Real tamén houbo diversos equipos que representaron á localidade a nivel futbolístico, o Imperio Azul foi un deles.
O 4 de agosto de 1984 rubricouse o documento notarial que fundaba oficialmente o Atlético Mancha Real como asociación deportiva. Lorenzo Araque Pareja, en calidade de presidente, Antonio José Beltrán Guzmán, como vicepresidente, Pedro Fuentes Olmo, como secretario, José Jiménez Quesada, como tesoureiro, e Diego Blanca Moreno, como vogal, formaron a primeira xunta directiva do club. Naquel entón tamén quedaron redactados os estatutos que actualmente rexen o club.
O 29 de maio de 2016 a Atlético Mancha Real consegue o primeiro ascenso a Segunda División B da súa historia tras vencer ao Zamora CF cun global de 5-1 a favor na eliminatoria de campións, tras quedar campión do grupo IX de Terceira División esa tempada.
Estadio
[editar | editar a fonte]O equipo xoga os seus partidos no Estadio Polideportivo Municipal de La Juventud, con capacidade para 1.500 espectadores. O terreo de xogo é de céspede artificial.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División de España (2): 2009-10, 2015-16.
- Subcampión da Terceira División (1): 2012-13.