Reino de Wessex
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2022.) |
Ƿestseaxna rīċe (ang) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Winchester | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | West Saxon (en) | ||||
Relixión | cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | c. 519 | ||||
Disolución | 927 | ||||
Sucedido por | Reino de Inglaterra | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta monarquía electiva | ||||
Moeda | Sceat | ||||
Wessex foi un dos sete reinos principais (Heptarquía anglosaxoa) que precederon ó reino de Inglaterra. O nome vén de West Saxons e está situado no sur/suroeste de Inglaterra. Existiu como reino dende o século VI ata a aparición do estado inglés no século IX e como condado entre 1016 e 1066. Wessex foi precisamente o reino que conseguiu unificar Inglaterra ó someter os demais reinos anglosaxóns baixo a súa soberanía. Non volveu ter unha existencia oficial dende entón, pero permanece como un termo familiar. Acostuma estar asociado coas novelas e poesías de Thomas Hardy e hai xente [Cómpre referencia] que defende que sexa restaurado como unha rexión de Inglaterra.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación do Reino
[editar | editar a fonte]Segundo a Crónica Anglosaxoa, Wessex foi fundado por Cerdic e Cynric, aínda que os feitos relatados pola crónica son considerados dubidosos. Evidencias arqueolóxicas apuntan a que o reino se puido orixinar na rexión do alto Támese e na área de Cotswolds, e que o mito de creación do reino puido ser propaganda política creada con posterioridade para xustificar a invasión das provincias xutas do sur de Hampshire e a Illa de Wight.
Resto da historia
[editar | editar a fonte]O primeiro feito referente á historia de Wessex que pode ser considerado como histórico é o bautismo do rei Cynegils cara ao ano 640.
Wessex expandiu as súas fronteiras e chocou cos seus veciños, especialmente co reino celta de Dumnonia (situado nos actuais condados de Devon e Cornualla, ó que acabou sometendo. Outro inimigo de Wessex foi o reino anglosaxón de Mercia. Cando o rei Ecgberht derrotou a Mercia en 825 e Northumbria admitiu a supremacía de Wessex en 829, Ecgberht proclamouse primeiro rei de Inglaterra.
Wessex creou un sistema integrado de pobos fortificados ou burgos (chamados burhs) que foron establecidos durante o reinado de Alfredo o Grande. Estas fortificacións impediron que os invasores daneses conquistaran no 870 o sur de Inglaterra. As fortificacións estaban distribuídas de tal forma que ningún habitante do reino estaba a máis dun día de a cabalo dun lugar seguro.
As principais poboacións de Wessex era antigos asentamentos de orixe romana como Dorchester ou Winchester, que Alfredo converteu na súa capital en 871 e novos burgos fundados como Wallingford.
Hai algunhas evidencias de que a monarquía de Wessex non era estritamente hereditaria.
Reis de Wessex
[editar | editar a fonte]Duración do reinado | Rexente | Notas | |
---|---|---|---|
Dinastía dos Gewissae | |||
Dinastía de Cerdic | |||
519 ao 534 | Cerdic | CERDIC ELESING GEVVISSÆ CYNING CERDIC REX GEVVISSÆ |
|
534 ao 560 | Cynric | CYNRIC CERDICING GEVVISSÆ CYNING CYNRIC REX GEVVISSÆ |
|
560 ao 591 | Ceawlin | CEAVVLIN CYNRICING GEVVISSÆ CYNING CEAVVLIN REX GEVVISSÆ |
|
591 ao 597 | Ceol | CEOL CVÞING GEVVISSÆ CYNING CEOL REX GEVVISSÆ |
|
597 ao 611 | Ceolwulf | CEOLVVLF CVÞING GEVVISSÆ CYNING CEOLVVLF REX GEVVISSÆ |
|
611 ao 643 | Cynegils | CYNEGILS CEOLING GEVVISSÆ CYNING CYNEGILS REX GEVVISSÆ |
|
c.626 ao 636 | Cwichelm | CVVICHELM CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNING CVVICHELM REX GEVVISSÆ |
|
643 ao 645 | Cenwalh | CENVVALH CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNING CENVVALH REX GEVVISSÆ |
Deposto. |
Dinastía de Mercia | |||
645 ao 648 | Penda | PENDA PYBBING MIERCNA 7 GEVVISSÆ CYNING PENDA REX MIERCNA ET GEVVISSÆ |
|
Reino dos Saxóns do Oeste | |||
Dinastía de Cerdic | |||
648 ao 674 | Cenwalh | CENVVALH CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNING CENVVALH REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Restaurado; reinou xunto á súa esposa Seaxburh do 672 ao 674. |
672 ao 674 | Raíña Seaxburh | SEAXBVRG VVESTSEAXNA CVEN SEAXBVRH REGINA SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Reinou xunto ao seu marido Cenwalh de Wessex ata a súa morte no 674. |
674 ao 674 | Cenfus | CENFVS CENFERÞING VVESTSEAXNA CYNING CENFVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
674 ao 676 | Aescwine | ÆSCVVINE CENFVSING VVESTSEAXNA CYNING ÆSCVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
676 ao 685 | Centwine | CENTVVINE CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNING CENTVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Deposto por Caedwalla. |
685 ao 688 | Caedwalla | CÆDVVALLA CENBRYHTING VVESTSEAXNA CYNING CÆDVVALLA REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Usurpador; abdicou. |
688 ao 726 | Ine (Ina) |
INE CENREDING VVESTSEAXNA CYNING INE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Abdicou. |
726 ao 740 | Aethelheard | ÆÞELHEARD VVESTSEAXNA CYNING ÆÞELHEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
740 ao 756 | Cuthred | CVÞRED VVESTSEAXNA CYNING CVÞRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
756 ao 757 | Sigeberht | SIGEBRYHT VVESTSEAXNA CYNING SIGEBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Deposto (morto?) por Cynewulf. |
757 ao 786 | Cynewulf | CYNEVVLF VVESTSEAXNA CYNING CYNEVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Asasinado por Cynehard, irmán de Sigeberht. |
786 ao 802 | Beorhtric | BEORHTRIC VVESTSEAXNA CYNING BEORHTRIC REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
802 ao 839 | Ecgberht | ECGBRYHT EALHMVNDING VVESTSEAXNA CYNING ECGBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
839 ao 856 | Aethelwulf | ÆÞELVVLF ECGBRYHTING VVESTSEAXNA CYNING ÆÞELVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
856 ao 860 | Aethelbald | ÆÞELBALD ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING ÆÞELBALD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
860 ao 865 | Aethelberht | ÆÞELBRYHT ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING ÆÞELBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
865 ao 871 | Aethelred I | ÆÞELRED ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING ÆÞELRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
|
871 ao 899 | Alfredo o Grande | ÆLFRED ÆÞELVVLFING ÐE GREAT VVESTSEAXNA CYNING ÆLFRED MAGNVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Único Monarca inglés que recibiu o título de O Grande. Primeiro rei dos anglosaxóns. |
899 ao 924 | Eduardo o Vello | EADVVEARD ÆLFREDING ÐE ELDRA WESTSEAXNA CYNING EADVVEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Falecido o 17 de xuño de 924 |
924 ao 924 | Ethelweard | Segundo fillo de Eduardo o Vello, morto o 2 de agosto de 924, posibelmente antes da coroación. | |
925 ao 927 | Aethelstan | ÆÞELSTAN EADVVEARDING WESTSEAXNA CYNNING ÆÞELSTAN REX SAXONVM OCCIDENTALIVM |
Primeiro rei de Inglaterra |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Case for Wessex (devolutionary movement)Arquivado 07 de marzo de 2017 en Wayback Machine. [Ligazón morta]
- The Burghal Hidage
- Thomas Hardy's WessexResearch site by Dr Birgit Plietzsch Arquivado 28 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.