Alfredo o Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo o Grande, nado en Wantage no 849 e finado en Winchester o 26 de outubro do 899 foi un rei de Wessex que loitou contra os viquingos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o quinto fillo de Aethelwulf, rei de Wessex. Sucedeu no trono ao seu irmán Aethelred I. Deu pulo á edificación de numerosos castelos e a construción dunha frota para frear o avance dos normandos. Trala súa vitoria de Elington, conquistou Londres no ano 885.

Realizou un importante labor de compilación de leis e como lexislador. Tendo sona de defensor dos febles, segundo o cronista celta Asser, fundou unha primeira escola pública. Propiciou a tradución de obras históricas e morais como as de Beda o Venerable, Boecio ou Paulo Orosio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo o Grande
Predecesor:
Etelredo I
Reis de Inglaterra
871-899
Sucesor:
Eduardo o Vello