Saltar ao contido

Carlos Tartiere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Tartiere

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio municipal de El Salvador (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Tartiere y Lenegre Editar o valor en Wikidata

Carlos Tartiere de las Alas Pumariño, nado en Oviedo e finado en Xixón o 31 de xullo de 1950, foi un popular empresario asturiano e presidente do Real Oviedo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 26 de marzo de 1926 fundouse o Oviedo Football Club como resultado da fusión dos dous clubs máis representativos de Oviedo: Real Stadium Club Ovetense e Real Club Deportivo Oviedo e Carlos Tartiere foi nomeado presidente da entidade. Durante o seu mandato o club pasou a chamarse Real Oviedo Football Club, Oviedo F.C. e, finalmente, Real Oviedo.

Presidiu o Real Oviedo ata a súa morte en 1950 e baixo a súa presidencia lográronse algúns dos maiores éxitos na historia do club: dúas terceiras posicións no campionato de Liga nas tempadas 1934-35 e 1935-36.

Na súa memoria, o antigo estadio de Buenavista pasou a chamarse Estadio Municipal Carlos Tartiere e cando no ano 2000 foi construído un novo campo de fútbol para a cidade levou tamén o mesmo nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]