Rasul Gamzatov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rasul Gamzatov
The Great Avar poet Hamzatil Rasul.jpg
Nacemento8 de setembro de 1923
Lugar de nacementoTsada
Falecemento3 de novembro de 2003
Lugar de falecementoMoscova
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
RelixiónIslam
Alma máterInstituto de Literatura Maxim Gorki
Ocupaciónpoeta, escritor, prosista, xornalista de opinión, tradutor, político e letrista
PremiosPremio Stalin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Revolución de Outubro, Order "For Merit to the Fatherland" III class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Premio Lenin, Order of St. Andrew the Apostle the First-Called, Order of the Golden Fleece e Order of Cyril and Methodius
Na rede
Musicbrainz: cdfd0faa-4239-4500-8079-72fdf47a8b01 Find a Grave: 8081660 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rasul Gamzatovich Gamzatov, nado en Tsada o 8 de setembro de 1923 e finado en Moscova o 3 de novembro de 2003, foi un escritor, poeta e político ávaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea no distrito de Khunzakhsky no Daguestán fillo do poeta Gamzat Tsadasa, quen foi tamén o seu primeiro mestre; os once anos escribiu o seu primeiro poema e nos anos seguintes publicou poemas en diversos xornais ávaros; despois de estudar maxisterio volveu en 1940 á escola da súa aldea, dando clases durante un certo tempo, logo realizou diferentes traballos, así foi axudante de dirección no teatro ávaro, xornalista en periódicos e na radio. En 1943 publicou a primeira recolleita de poemas. Entre 1945 e 1950 estudou no Instituto de Literatura Maxim Gorki de Moscova. En 1947 publicou o primeiro libro de poemas en ruso. Seguíronlle vinte e cinco libros máis en ávaro e ruso, lingua á que traduciu a escritores rusos, clásicos e modernos, como Alexander Pushkin, Mikhail Lérmontov, Vladimir Maiakovski e Sergei Yesenin. Os seus poemas servíronlle de inspiración de compositores como Polad Bülbüloğlu, Murad Kajlayev, Dmitry Kabalevsky, Yan Frenkel, Raimonds Pauls, Iurii Antonov e Aleksandra Pakhmutova ou foron musicados por cantantes da consideración de Anna German, Müslüm Maqomayev, Valery Leontiev, Sergei Zakharov, Sofia Rotaru, Rashid Behbudov, Vakhtang Kikabidze, Sergei Agababov, Maqomad Omarov, Galina Vishnevskaya, Joseph Kobzon, mesmo un dos seus poemas, Os cranios publicado orixinalmente en ávaro e traducido ao ruso en 1969 na revista Novy Mir converteuse nunha das cancións rusas máis populares sobre a segunda guerra mundial na versión cantada por Mark Bernes con música composta por Yan Frenkel co título de Zhuravli.

Rasul Gamzatov foi deputado do Soviet Supremo da República Autónoma Socialista do Daguestán, chegando a ser o seu vicepresidente, foi tamén membro do Presidium do Soviet Supremo da URSS (1962-66 e 1971) e representante do Daguestán no Congreso de Escritores da RSFR e da URSS. Durante a súa vida recibiu numerosas premios e condecoracións tanto do estado soviético como do estado ruso sucesor daquel, entre elas Premio Stalin (1952), Premio Lenin (1963), Heroe do Traballo Socialista (1974) e maila Orde de Santo André (2003). Foi ata a súa morte presidente da Unión de Escritores do Daguestán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]