Müslüm Maqomayev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Müslüm Maqomayev
Stamps of Azerbaijan, 2012-1047.jpg
Nacemento17 de agosto de 1942
 Bakú
Falecemento25 de outubro de 2008
 Moscova
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoAlley of Honor
NacionalidadeAcerbaixán, Unión Soviética e Rusia
Educado enBaku Academy of Music
Ocupacióndirector de orquestra, actor, cantante, cantante de ópera e compositor
Naisen etiquetar
CónxuxeTamara Sinyavskaya
PremiosOrdem de Honra, Bandeira Vermella do Traballo, Order of Friendship of Peoples, Artista do Povo da URSS, Polish Cultural Merit Order, Istiglal Order, Shohrat Order e Miner's Glory Medal
editar datos en Wikidata ]

Muslim Mahammad oglu Magomayev, nado en Bakú o 17 de agosto de 1942 e finado en Moscova o 25 de outubro de 2008, foi un cantante azarí, coñecido na antiga Unión Soviética nas décadas de 1960 e 1970 como "o Rei" [1] e o "Sinatra Soviético" [2] e que logrou un status de icona en Rusia, o seu nativo Acerbaixán e outros países do bloque soviético polo seu talento vocal e o seu carisma[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Muslim Magomayev procede dunha das dinastías de artistas azarís máis recoñecidas, o seu avó Muslim Magomayev (1885–1937), fora un dos fundadores da moderna música clásica no seu país, o seu pai, Mahammad Magomayev, fora pintor e a súa nai, Aishet Magomayeva, fora unha actriz.Obituario The Washington Post</ref>. Magomayev aprendeu a tocar o piano de neno, tomando leccións de voz á idade de catorce anos, e logo estudou composición e piano no Conservatorio de Bakú. Interpretou en público por vez primeira aos 19 nun festival internacional para xente nova en Helsinqui. Ao ano seguinte, en 1962, cantou, en Moscova durante os días de Cultura Azarí, unha aria do Fausto de Gounod e a canción Khotyat li russkie voyni" nun concerto de gala no Palacio de Congresos do Kremlin, converténdose nunha celebridade inmediatamente. Un ano despois deu o seu primeiro concerto en solitario en Moscova nunha sala ateigada e pasou a ser solista do Teatro da Ópera e do Ballet de Acerbaixán. Muslim colleu fama na URSS como cantante de ópera coas interpretacións de "Il barbiere di Siviglia" de Rossini e polas arias da obra de Puccini "Tosca", da de Hajibeyov "Koroghlu" e "Shah Ismayil" composta polo seu avó.[4]

Na tempada 1964–1965, Muslim foi artista visitante en La Scala de Milán, e logo actuou no Teatro Bolshoi. Máis tarde mudou para a música popular, converténdose nun ídolo pop, facéndose unha figura de culto en toda a URSS, vendendo millóns de álbums. En 1966 e 1969 Magomayev interpretou no Olympia de París. Como compositor escribiu varias bandas sonoras de filmes e mais tamén actuou nalgúns deles, presentando así mesmo programas na televisión e na radio dedicados a importantes músicos do século XX. A principios da década de 1970 mudouse a Moscova, traballando no teatro.

En 1998, Magomayev puxo fin oficialmente á súa carreira musical, dando despois só unhas poucas funcións coa súa dona Tamara Sinyavskaya.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]