Anna German

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna German
Nome completoАнна Виктория Евгеньевна Герман, Anna Wiktoria German e Anna Viktoria Hörmann
Nacemento14 de febreiro de 1936
Lugar de nacementoUrgench - Urganch
Falecemento26 de agosto de 1982
Lugar de falecementoVarsovia
Causacancro óseo
SoterradaProtestant Reformed Cemetery in Warsaw
NacionalidadeUnión Soviética, República Popular de Polonia e Polonia
EtniaMenonita
RelixiónIgrexa Adventista do Sétimo Día e Russian Mennonite
Alma máterUniversidade de Wrocław
Ocupacióncantante, compositora, actriz e cantautora
PaiEugen Hörmann
NaiIrma Mertens-Berner
CónxuxeZbigniew Antoni Tucholski
FillosZbigniew Tucholski
PremiosCavaleiro da Ordem da Polónia Restituta, People's Artist of the RSFSR, Gold Cross of Merit‎ e Woman of Warsaw of the Year
Na rede
http://www.anna-german.com/
IMDB: nm0314517 Youtube: UC9o9K1ux5ZFzPSAv_gkjGqg Spotify: 4MsYwVS6MBpTDgCzqLm8z6 iTunes: 443733085 Last fm: Анна+Герман Musicbrainz: 579ef111-19dd-4ae8-ad50-d5fa435472b9 Discogs: 171893 Allmusic: mn0001936125 Find a Grave: 22455979 Deezer: 5208899 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anna Viktoria German (polaco: Anna Wiktoria German-Tucholska), nada en Urgench o 14 de febreiro de 1936 e finada o 26 de agosto de 1982, foi unha cantante soviética de orixe xermano-polaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai, Irma Martens, era descendente de menonitas neerlandeses de lingua baixoalemá asentados no Imperio Soviético desde os tempos de Catarina II. O seu pai, Eugeniusz Hörmann, era polaco de orixe alemá, que en 1937 o NKVD executou en Urgench acusado de espionaxe. Anna e a súa nai foron deportadas a Kirguizistán.

En 1946 ela e a súa nai, que casara cun oficial da Armia Ludowa, asentáronse en Nowa Ruda, denantes de se estableceren en Wrocław en 1949.

Anna graduouse no Instituto Xeolóxico da Universidade de Wroclaw, xa fora durante os seus anos de estudante universitaria que comezara a súa carreira musical no teatro Kalambur, aínda que non foi ata 1964 que se fixo coñecida ao gañar II Festival de Canción Polaca de Opole coa canción Tańczące Eurydyki e un ano despois gañou o concurso internacional de Sopot. Convidada a participar no Festival da Canción de Sanremo en 1967 sufriu un importante accidente de tráfico polo que tivo que permanecer en rehabilitación durante un longo período de tempo, e ata 1972 non puido volver totalmente recuperada aos escenarios.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Tumba de Anna German no cemiterio da Igrexa Evanxélica Reformada Polaca en Varsovia
  • Na tamten brzeg (1964)
  • Tańczące Eurydyki (1965)
  • Recital piosenek (1967)
  • I classici della musica napoletana (1967)
  • Człowieczy los (1970)
  • Domenico Scarlatti - Arie z opery Tetida in Sciro (1971)
  • Wiatr mieszka w dzikich topolach (1972)
  • To chyba maj (1974)
  • Anna German (1977)
  • Anna German (1979)
  • Pomysl o mnie (1979)
  • Tylko w tangu/Dookola kipi lato (1979)
  • Śpiewa Anna German (1979)
  • Надежда (Nadezhda, 1980)
  • Последняя встреча (Poslednyaya vstrecha, 1982)