Vakhtang Kikabidze

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Vakhtang Kikabidze
Vakhtang Kikabidze at Laima Rendez Vous Jurmala 2017.jpg
Nome completoვახტანგ კიკაბიძე
Nacemento19 de xullo de 1938 (81 anos)
OrixeTiflis Xeorxia Xeorxia
Ocupacióncantante, actor e compositor
Instrumento(s)voz
editar datos en Wikidata ]

Vakhtang "Buba" Kikabidze (en xeorxiano: ვახტანგ "ბუბა" კიკაბიძე), nado en Tiflis o 19 de xullo de 1938, é un cantante, actor e compositor xeorxiano.

Traxectoria[edit | edit source]

Fillo da princesa Manana Bagration-Davitashvili e do xornalista Konstantin Kikabdidze, morto en combate en 1942[1] durante a Segunda Guerra Mundial, cando Vakhtang tiña tres anos. Entre 1955 e 1957 estudou na Universidade de Tiflis e de 1961 a 1963 no Instituto de Linguas Estranxeiras de Tiflis. En 1966 fixo a súa primeira aparición no cinema e nese ano uniuse ao grupo Orera. Protagonizou o filme Minimo en 1977 que se converteu na súa interpretación máis coñecida, outros filmes nos que actuou foronNe Goryui (1970), Sovsem propaschij (1974) e o último filme foi Fortuna (2000). Como director realizou Itsotskhle genatsvale en 1981 e Mamakatsebi en 1985.

Discografía[edit | edit source]

  • Pismo drugi. BUBA Records, 1999
  • Sekret Schastya. BUBA Records, 1999
  • Tango Lyubvi. OST-Records, 1999
  • Luchshie pesni. Noks Myuzik 2001
  • Grand Collection. Kvadro-Disk, 2002
  • Moi goda. Russkoie snabshenie 2003
  • Stariki-pasboiniki. Super Music 2004
  • Lyubownoye nastroyenie. Nikitin, 2005

Notas[edit | edit source]

  1. ПЛЕШАКОВА, Анастасия; БЕЖАНИШВИЛИ, Арчил (2008-07-19). "Вахтанга Кикабидзе привел на сцену Ив Монтан". Комсомольская правда (en ruso). Consultado o 2019-08-16.