Galina Vishnevskaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galina Vishnevskaya
Galina Vishnevskaya.jpg
Nacemento25 de outubro de 1926
 San Petersburgo
Falecemento11 de decembro de 2012
 Moscova
Soterradacemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Alma máterConservatório de Moscovo
Ocupaciónactriz, cantante, cantante de ópera, profesora de música, biógrafa, escritora e autora de diarios
CónxuxeMstislav Rostropovich
FillosElena Rostropovich
Premioscomendador da Lexión de Honor, Artista do Povo da URSS, Orde de Lenin, Officier des Arts et des Lettres‎, Medal "In Commemoration of the 300th Anniversary of Saint Petersburg", Order "For Merit to the Fatherland" I class, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Order "For Merit to the Fatherland" III class, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Medal "For the Defence of Leningrad", Medal "Veteran of Labour", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha do Jubileu "60 Anos de Vitória na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha do Jubileu "50 anos de vitória na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Jubilee Medal "65 Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, People's Artist of the RSFSR e Merited Artist of the RSFSR
editar datos en Wikidata ]
Galina Vishnevskaya co seu home Mstislav Rostropovich

Galina Pavlovna Vishnevskaya (en lingua ruso Гали́на Па́вловна Вишне́вская), nada en Leningrado o 25 de outubro de 1926 e finada o 11 de decembro de 2012, foi unha soprano rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vishnevskaya viviu na infancia coa súa avoa en Kronstadt fixo o seu debut profesional en 1944 cantando opereta, despois foi solita da Filharmónica de Leningrado e logo dun ano estudando con Vera Nikolayevna Garina, gañou unha competición organizada polo Teatro Bolshoi en Moscova en 1952 e ao ano seguinte converteuse en membro do Bolshoi.

O 9 de maio de 1960 fixo a súa primeira actuación en Saraxevo, no Teatro Nacional, como Aida. En 1961 debutou na Metropolitan Opera tamén como Aida; e ao seguinte ano na Royal Opera House no mesmo papel. Para o seu debut en La Scala en 1964, cantou a Liùno Turandot, xunto a Birgit Nilsson e Franco Corelli.

Ademais dos papeis habituais no repertorio ruso de ópera, Vishnevskaya tamén interpretou a Violetta, Tosca, Cio-cio-san, Leonore, e Cherubino e Benjamin Britten escribiu o papel de soprano do seu War Requiem (rematado en 1962) especialmente para ela[1].

Vishnevskaya estivo casada con Mstislav Rostropovich desde 1955 ata a súa morte en 2007, traballando xuntos regularmente (el ao piano ou como director). En 1974 pediron ás autoridades soviéticas permiso para residir fóra, asentándose nos Estados Unidos e París e en 1978 a URSS declarounos oficialmente renegados, retirándolles a cidadanía soviética. En 1984 publicou as súas memorias e en 2002 abriu o seu propio teatro da ópera en Moscova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marjorie Wright The Rise and Fall of a La Scala Diva:Janus (2007), páx. 26

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]