Sergei Agababov
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de outubro de 1926 Mahackala |
| Morte | 23 de outubro de 1959 Aeroporto de Moscova-Vnukovo |
| Causa da morte | accidente de aviación |
| Grupo étnico | Pobo armenio |
| Educación | Conservatorio de Moscova (–1956) Makhachkala Music College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor |
| Período de actividade | 1951 |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Descrito pola fonte | Armenian Concise Encyclopedia, (vol:1) Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.238-239) |
Sergei Artemovich Agababov, nado en Makhachkala o 25 de outubro de 1926 e finado en Moscova o 23 de outubro de 1959, foi un compositor soviético daguestaní.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou teoría musical con Gotfrid Hasanov na escola de música do Daguestán, graduándose en 1951 e compoñendo as súas primeiras cancións. En 1952 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Anatoli Alexandrov, durante eses anos compuxo inspirándose no folclore da súa terra natal o que deu como resultado a suite sinfónica e vocal "Canción do Daguestán" en seis partes así como outras obras orquestrais e para piano. Despois de se graduar compuxo cantatas e cancións baseadas en poemas, e algunhas tornáronse en populares e mais tamén cancións para nenos. En 1958 e 1959 publicou en periódicos da rexión un traballo sobre a música popular daguestaní, que se editou postumamente en libro en 1960 tras a súa morte nun accidente aéreo.